Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 15 de noviembre de 2022
Ciscando Quimeras

Son o laretas que predica no deserto a fermentación do viño... a pesar de ser abstemio. Pero tamén son o piollo que penetra na selva amazónica para ver o bambán dun elefante sobre as lianas do Serengueti. Son o que miro cara á arriba para ver o ceo e o que goldra sobre as augas turbulentas do río Arnoia ó ritmo de Simon & Garfunkel. Son o que toma café co pensamento noutra parte e o que queda coa ollada perdida con Pingas de Orballo dirección a Marte. Son o ruído do mar e o verso que berra, o ruxerruxe da ecuación mal feita e o silencio na estratosfera.
Son as catro e media da tarde e sigo sendo eu. O que morde nas uñas porque as neuronas aceleran e o que aínda non conseguiu ver atacar naves en lapas máis alá de Orión, pois só vexo carros de vacas baixando polas rúas de Baños de Molgas. Son o Bogart que recorda cada detalle: os alemás vestían de gris e ti, Ingrid, vestías de azul. Son o sol do amencer e a lúa nocturna. Son a pinga de orballo e o autor dunha novela barata.
Sempre é bonito ser algo. Mesmo un martelo mecánico que malla e un silencio que acouga. Por ser ata son o que cre nun país independente e nunha política nacionalista. Son o himno e son a bandeira. Pero renego de calquera fronteira. Son o que corre polas vías do tren e polas corredoiras que levan ó muíño do Dositeo. Son o que vai e vén, o que se move e está quieto. Son o bolígrafo que cisca quimeras e o papel no que descansan as ilusións. Son o que son e son quen son.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES