Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As raíces son sagradas

jueves, 10 de noviembre de 2022
Todos temos visto, na realidade, no cine, nun documental ou na televisión, unha árbore caída polos efectos dun furacán.
¿Cómo queda a árbore?
¿Para que serve?
Queda caída e xa a duras penas é capaz de levantar cabeza.
Só serve para madeira ou para o lume.
¡Canta máis valía non tería se conservara as raíces alimentándose de tódolos nutrintes que a nai terra le ofrece!

POIS ESO MESMO NOS PASA ÁS PERSOAS CANDO PERDEMOS AS NOSAS RAÍCES: A NOSA ORIXE, A NOSA LINGUA, A NOS CULTURA, AS NOSAS TRADICIÓNS...

Porque desde o momento da nosa concepción imos creando o tipo de persoa que seremos.
Desde o berce, mamamos todo o que os nosos ancestros foron evolucionando desde tempos inmemoriables.
A parte dos nosos proxenitores tamén pertencemos a unha familia, a unha parroquia, a unha raza, a unha cultura que foron creando todos os nosos antepasados.

Esas son as nosas raíces: mellores ou peores, diferentes ás de otras culturas pero sempre, SEMPRE dignas de respectar e valorar como algo noso.

Eso non quita de que vaiamos medrando como persoas, de que vaimos evolucinando…
Aprender de todos, si; pero nunca poderemos negar a nosa orixe por humilde que sexa.
SE IMOS EVOLUCIONANDO FAVORABLEMENTE A PARTIR DO QUE RECIBIMOS NO MOMENTO DE NACER: XA PODEMOS SENTIRNOS SATISFEITOS.

Temos o deber de facer unha evolución para mellorar o que recibimos; pero sen esquecer a nosa orixe.

A sociedade actual está cambiando moito a un ritmo vertixinoso en moitas ocasións.
Tanto que A VECES PERDÉMOLAS RAÍCES, ESQUECÉMONOS DE QUEN SOMOS, DEIXÁMONOS LEVAR POR NON SE SABE MOI BEN QUEN...

A evolución segue o seu camiño e hai que irse cos tempos que nos toca vivir; pero as raíces que nos confiren identidade propia nunca debemos esquecelas.
Sexan como sexan, son as que nos permitiron chegar ó día de hoxe.

A HUMILDADE É UNHA GRAN VIRTUDE QUE FAI MOI GRANDES ÁS PERSOAS.

Por moito que evolucionemos, nunca debemos esquecer o que tiveron que loitar os nosos antecesores para que nós tiveramos máis oportunidades das que tiveron eles.

Eso mesmo é o que nos toca facer a nós para que o mundo siga mellorando; para que a nosa aportación contribuia a mellor a calidade de vida dos que veñen detrás.

E cando falamos da calidade de vida, non nos referimos soamente á evolución económica, cultural e social.

Hoxe en día a xente nova medra que dá gusto, incluso supera a talla física dos proxenitores.
Eso é bo porque significa que leva unha vida mellor que a das xeracións anteriores.

Na formación intelectual tamén vai subindo o nivel porque teñen moitas máis oportunidades que a xeración anterior.

Hai que recoñecer que nestes aspectos a melloría é notoria aínda que non suficiente.
PERO ESA MELLORÍA NON É SUFICIENTE.
A PROBA ESTÁ EN QUE MOITA XENTE NOVA NON LLE ENCONTRA SENTIDO Á SÚA VIDA E O GOBERNO SÁBEO E PON Á SÚA DISPOSICIÓN O TELÉFONO 024.

Esto é un toque de atención:
Falla a EDUCACIÓN EN VALORES.

OS VALORES CRISTIÁNS DAS XERACIÓNS ANTERIORES PREPARÁBANNOS MOITO MELLOR PARA ENFOCAR A VIDA TENDO MENOS MEDIOS.

Se nos lles ofrecemos unha educación en valores ás xeracións vindeiras, non terán a fortaleza necesaria para fundar familias estables, para educar adecuadamente ós seus fillos, para ser bos profesionais, para ser cidadáns de ben...
Porque:
AS RAÍCES VERDADEIRAS, AS QUE NOS LEVAN A SER BOAS PERSOAS ADQUIRÍMOLAS PRINCIPALMENTE NO SEO DO FOGAR.
Se fallan as raíces pásanos como aquela árbore que quedou coas raíces ó pairo porque o vento furacanado llas desconectou da nai terra.
Así pasa cando nos deixamos levar polo mundanal ruido.

Por eso son de admirar as persoas e os pobos portadores de valores.

"PORTADORES DE VALORES"

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES