Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 08 de noviembre de 2022
O Cometa Halley

Dixéronme que lle escribira unha canción ó cometa Halley. Non procede. Porque nin son compositor, nin son cantante e nada teño que ver co cometa Halley. Gústame o universo. Gústame ser astronauta. Pero de aí a compoñerlle uns versos, uns retrousos ó cometa Halley, vai un mundo. Mellor aínda, vai o universo enteiro.
Pingas de Orballo Eu son máis de cantarlle (á miña maneira) ós sachos e arados, ós burros e gadañas, ós fouciños e carros das vacas. Mellor ós carros das vacas. Os eixes poñen a música, eu a voz e as vacas as posturas de baile. Non hai como a música dun carro cheo de toxos polas carreiras das aldeas!
Tamén son de subirme ó campanario da igrexa de Baños de Molgas e desde tales alturas contemplar o universo. Incluso podo ter a sorte de ver pasar o cometa Halley. Mesmo podo facer o intento de poñerlle música ó instante no que estou a vivir. Todo sería coller os badalos das campás e marcar un ritmo sosegado que, co paso do tempo, ou sexa, entre lusco e fusco, habería que acelerar para saber que é o que sae cando chegue a noite pecha. Seguro que non alcanzo o compás da velocidade do cometa Halley. Pero algo quedará.
E xa que non lle podo compoñer nada ó cometa, rendereille a miña homenaxe vestindo o traxe de astronauta e deixándome caer desde o campanario. Coma quen que aterro logo dunha presunta visita ó cometa Halley. Como chegue ó chan, iso si dará para unha canción.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES