Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 04 de noviembre de 2022
A Queimalos!

A xente ás veces non regula ben, ou o que é o mesmo, que barrena un pouco. Hai persoas que se tiran ós toxos, outras que bailan unha polca diante dun escornabois, algunhas máis botando a cambadela ou poñendo atrancos, e moitas ás que lles chove na cabeza. Estes días, aquí, chove moito. Pero en Brasil aínda chove máis. A proba está Pingas de Orballoen que o deputado Bibo Nunes non se andou con lerias, con voltas ó declarar que os estudantes universitarios que apoiaran a Lula da Silva merecían a fogueira. Así o dixo, sen reparo ningún. Agora mesmo Brasil estará ardendo: como ganou Lula as eleccións...
E non sei se non sería por telepatía ou porque son da mesma ralea (confirmo que son da mesma ralea), un presentador dunha televisión rusa tamén pediu ante as cámaras que se lanzaran ós ríos ou que se queimaran (de aí a telepatía da fogueira brasileira) ós nenos ucraínos. Este, por certo, moito peor que o deputado brasileiro. Dentro do malo, Bibo Nunes falaba de mozos, mentres que o ruso facíao de nenos, ou sexa, máis inocentes. Se ó brasileiro lle chove, ós ruso arróialle, dilúvialle.
Aínda que os españois non somos moito máis honrados que eses dous personaxes esperpénticos; xa que non hai moito tempo liberaron a trece chinos escravizados nunha nave sevillana. Escravizados! En pleno século XXI. E seguro que non tardarían tamén en botalos á fogueira. A alma humana vese que está podre en todos os lugares do mundo. Podrecerá a causa de tanta chuvia, de tanto que lles chove.

Sempre fun algo torto

Michael Jackson baila sobre o meu dedo maimiño e o azucre disólvese, espállase, afunde sobre o café que me acaban de poñer. Unha pomba mírame de esguello e eu Pingas de Orballolánzolle un asubío de confianza. Para que o asunto quede entre nós. Sempre me levei ben coas rulas e pombas. Se algunha me enfada, cun aceno fágoas voar. É raro, gústanme todos os paxaros. Mesmo os corvos e pegas con toda a mala fama que arrastran. Tamén os voitres me gustan. Será porque vivimos nun mundo cheo deles.
Ennio Morricone toca as teclas das miñas pestanas e... fai música! E que música! A pomba marchou e quen mira de esguello agora son eu. Cara á unha pantalla de televisión onde botan un partido dese repetidos. Ó mellor son resumos de varios. Xa digo que miro de esguello e iso significa que non estou atento. Porque, a maiores da pantalla, tamén vexo como pasan os coches e a xente. Aínda que escriba, gústame mirar.
Melendi canta un tema no que a letra semella que a escribiu un neno de oito anos. Recoñezo que lle achaco iso a Melendi: que as súas letras semellan de párvulos. Pero, si, canta. E ante a canción ata a pomba de antes volveu para estirar o pescozo e escoitar mellor. Seguro que a ela lle gusta Melendi. Eu son máis de tocar o banxo para simular a banda sonora de "Deliverance". A ver, non sempre teño que ir por onde vai a maioría. Algunha que outra vez gústame ir por camiños de cabras. Sempre fun algo torto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES