Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sempre Afganistán

miércoles, 19 de noviembre de 2008
Por Afganistán sangramos os galegos hai moi pouco tempo. Por Afganistán sangramos os galegos hai máis tempo.

A revista Tiempo de Hoy, publicaba no seu número do vintenove de agosto de 2005, hai case trinta e nove meses, unha viñeta de "Humor"?, na que se ve conversando a dous militares. Un deles di "¿Lo de Afganistán ha sido un accidente?. E o outro contesta "Todo Afganistán es un accidente geográfico, señor".

Nada máis. E nada menos. Trinta e nove meses, tres anos e tres meses, son arredor de mil cento setenta días. E a viñeta segue vixente. E parece o conto de nunca acabar. E estas accións de paz vannos seguir provocando morte.

Afganistán capital Kabul, aprendemos de pequenos. Logo había Beluchistán, aínda que este país agora sone moito menos. Eran paises lonxanos ós que nunca soñamos con chegar, aínda que agora resultan ser territorio galego.

O noso papel, ¡que dúbida cabe!, é meritorio. Contribuímos a poñer paz onde hai guerra, pero os mortos son nosos. Escoitamos choros e condolencias. Fáltanos por escoitar estudios serios e convincentes de que facemos alí, canto temos vamos seguir, como están de protexidos os/as nosos/as militares, e a como sae a gota de sangue derramada.

Polo demais, polo que se ve, a vida -en Afganistán- segue igual.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES