Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os reflexos ideolóxicos

viernes, 28 de octubre de 2022
Entendemos aquí por reflexo aquilo que podemos intuír mediante a presenza máis ou menos clara de algo que o suxire. Percibimos así os reflexos da intimidade persoal mediante a interpretación dos elementos xestuais nunha linguaxe que ofrece moito máis fidelidade do pensamento fiel dunha persoa que a habitual linguaxe articulada, manipulable facilmente por quen desexa ocultar a autenticidade do que pensa, ocasionalmente, pero sempre tan consciente disto como inconsciente do que, paralela e simultaneamente, está transmitindo en xestos e, ás veces, en modalidades mímicas.

Nestes casos os interlocutores e oíntes en xeral, con suficiente grao de perspicacia, só atenden a linguaxe articulada para valorar a ficción do transmitinte, e captar, contextualmente, o que el oculta. Aínda que tampouco hai que descartar o uso deliberado desa linguaxe mímica para disimular as infidelidades, sobre todo no caso de decisións ideolóxicas discutibles. Cando isto ocorre, estamos presenciando unha inversión no habitual: o consciente intencional ven a ser o contido da linguaxe mímica, polo que ten de intencional, e o inconsciente o do articulado, pola ambigüidade que se introduce. Aquí opera aquilo de que unha cousa son as intencións e outra o que convén suxerir de maneira que xere incerteza nos adictos que esperaban o contrario. E neste suposto, dirixido principalmente a eles, a situación é complexa, porque, aínda que dubiden, fan un esforzo de convicción propia para aceptar o que os emisores/as desexan que entendan na linguaxe xestual ou mímica.

E todo isto é tan trivial que á maioría dos oíntes non lles pasa desapercibido; pero, non obstante, poucas veces acerta na valoración, e sobre todo en política, porque o gregarismo encárgase de cruzar as súas versións, e o humano proceder, conta con estruturas persoais de fondo que comprometen as actitudes de comprensión, algunhas das cales ousamos aquí apuntar a continuación, salvando sempre as opinións moito máis documentadas, que, con todo gusto, estamos dispostos a considerar.

Comecemos reparando na conciencia que corresponde aos conceptos que certas persoas podan ter, por exemplo, da moral, da relixión, da política, etc., que adoece da versatilidade propia da adaptación ás diversas funcións vinculadas á materialidade do contextual e o interese persoal, e cando isto se acentúa nos comportamentos, derivan en toda clase de cambios, para responder aos que perciben dos respectivos e ocasionais procesos vitais, é dicir, neste tipo de persoas non é a conciencia a que determina a vida, senón a vida a que determina a conciencia. Elas mesmas deveñen incapaces de percibir a transmisión -segundo parecen confirmar os seus comportamentos e, incluso, as composturas- da mesma falta de autenticidade, que lles esvaece o verdadeiro pensamento que ocultan.

E, se domina un egocentrismo de tipo narcisista, inventan estrañas argucias de neutralizacións do todo aquilo que rexeitan, solapado na súa intimidade, sobre todo en ambientes políticos, nos que soen sementar xoios contra a monarquía, a aristocracia e a democracia -segundo as súas preferencias-, considerándoas formas ilusorias, que non serven máis que para cubrir as supostas loitas reais; pero se se empoleiraron ao amparo dalgunha delas, ou pretenden facelo, móstranse pródigos en hipócritas referencias laudatorias, explicitamente, en linguaxe articulada, precisamente como recurso metodolóxico para dotar de eficacia as súas argucias; pero, aquí, non poden controlar que xurda o mímico ou xestual -cando non o utilizan conscientemente para manter adictos aos gregarios e simpatizantes-; e sempre inconscientemente, neste caso, os reflexos ideolóxicos íntimos pasan así á perspicacia cidadán.

A xeneralización disto confírmoo a tendencia, incluso sen o impulso narcisista acentuado, a propiciar atender o interese particular do individuo, pois o xeral soe estar lexitimado no marco das formas consideradas ilusorias da sociedade, como evidencian os perversos comportamentos de neutralización soterrada das mesmas, moi peculiar do narcisismo.

Por conseguinte, as persoas que aspiran a ocupar cargos elevados e de especial responsabilidade, nun estado, sería moi conveniente que non esqueceran o imperativo vital de manter a supervivencia da especie, e que asumiran que os chinos e americanos, católicos, ateos e musulmáns, monárquicos ou republicanos, etc., pertencen á mesma, así como que as súas propias culturas e modalidades institucionais sociais están lexitimadas, se respectan os dereitos humanos e contribúen a reducir o egocentrismo e o narcisismo á ridiculez que se merece.

Deste modo a veracidade impoñeríase aos propósitos mendaces, evitando as trampas lingüísticas e non xogando coa crenza estruturalista de que o suxeito é absorbido nas estruturas e sintaxes lingüísticas, facilitando que o xestual instintivo se evidencie ao pobo, con toda a veracidade consecuente dos reflexos ideolóxicos, en linguaxe articulado, evitando así que o emisor/emisora non caian nas solapadas reservas no concernente aos posibles efectos non desexados polo pobo, en cuestións políticas, incluso falseando a correcta hermenéutica xurídica.

Ademais, desleixadas estas esixencias, desgraciadamente, a exemplaridade pedagóxica que deben coidar as persoas que ostentan cargos elevados e de especial responsabilidade na sociedade non parece que manteña os mellores tempos, como se evidencia nas celebracións públicas de matiz político, nas que a linguaxe xestual e o uso desaforado da articulada, segundo as perversidades de cada cal, non da esperanzas de remitir.

Recentemente en España puideron observarse algúns exemplos de todo isto, nunha celebración de carácter nacional, o que pon de manifesto que os parámetros que serven para medir o grao de madurez necesaria a hora de facer seleccións adecuadas de representantes da xestión pública, están en declive, e deste modo cultívase a ansia de busca relevancia cun infantilismo gregario, tan irrisorio como catalizador das críticas esaxeradamente cultivadoras de sobradas diverxencias.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES