Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (30)

viernes, 28 de octubre de 2022
A profesión sacerdotal dos Valuros

Que os Valuros eran sacerdotes é innegábel, mais... como foi evolucionando esta profesión ao longo dos séculos? Temos catro momentos cruciais na profesión de sacerdote dentro do mundo Valuro ata a súa total desaparición.

1.- O primeiro estadio sería o de verdadeiros sacerdotes dunha relixión descoñecida. Hai que pensar que as nosas lagoas probablemente tivesen un destino relixioso porque A misteriosa e incógnita Valura (30)se as lendas de Veria procuran destruír a cidade asolagándoa, é porque practican cultos non cristiáns é son a reminiscencia ou os restos persistentes no mundo popular. Serían como os fósiles que nos están descubrindo esta realidade.

Dinos Murguía o seguinte: "Dos escritores del S-XVII, Gándara y Boán, (que) atestiguan la creencia, viva aún en su tiempo, de que, en la laguna de Santa Cristina y en la ciudad de Veria, se prestó adoración al viejo ídolo de Baal... Santa Cristina y Veria, ciudades de Baal, son igualmente castigadas por resistir en su idolatría".

O mesmo Villaamil non atopa dificultade para que nas "lagoas de Santa Cristina e Antela estivesen coroadas por templos" nos que os Valuros exercerían como sacerdotes. Pictet, citado por Murguía, tamén cre que nas cidades lacustres había edificios consagrados e, aínda vai máis alá, atribuíndolles a propagación do culto das augas.

O mesmo Boán chámalles "baluros" por ser seguidores de Baal, o que parece testemuñar a presenza de relixións distintas á cristiandade, mais eu penso que Boán ten unha fixación porque nin se chaman Valuros por iso, nin creo que fosen seguidores de Baal, senón que serían sacerdotes celtas practicantes da súa propia relixión:

Unha relixión politeísta na que predominaría o culto ás augas, porque os que vivían ao lado delas e á súa mercé, era lóxico que as visen como divindades, por un lado benfeitoras referido ás posibilidades nutricias das terras e por outro malfeitoras, se pensamos que os Valuros vivían nunha terra onde os asolagamentos dos ríos nas crecentes era o acostumado no outono e no inverno. Os encargados de terzar entre os deuses das augas e os mortais habitantes, eran estes sacerdotes Valuros; por iso, coidamos que o de Baal sería unha mera coincidencia coas primeiras letras de "Bal-uros", e chegou ata o extremo de suceder unha contaminación lingüística que supuxo escribir Valuro co "B" cando tiña que ser "V" ao longo dos séculos, e que a historia se despreocupou totalmente da súa escrita e da súa existencia.

Os ritos destes sacerdotes Valuros, descoñecémolos, porén non cremos que tiveran que ver cunha relixión tan afastada da nosa Galiza, senón, máis ben, cunha relixión celta, que os Valuros practicarían ao longo dos séculos e da que se mantiveron crentes aínda que tivesen todo en contra, desde o poder político ao poder relixioso.

2.- Os Valuros vivían en palafitas o mesmo que outras poboacións da costa nas desembocaduras dos ríos, pero as poboacións interiores -como é o caso- durarían moito máis, chegando os suevos a ocupar posicións de habitabilidade moi preto dos Valuros.

O segundo estadio supón a chegada dos romanos e logo dos suevos no 409, que van pouco a pouco converténdose ao catolicismo e deixando o arianismo. Brillou nesta época a labor de Martiño de Dumio, impulsor dos concilios, da ordenación do territorio e da difusión do cristianismo fronte ás crenzas pagás de raíz prerromana (De correctione rusticorum). O mesmo Murguía comenta que "Lo que no puede negarse es que parece perpetuarse el recuerdo de la resistencia de las creencias antiguas ante la doctrina del Evangelio" e de aí proceden as lendas que anegan as cidades como castigo do mesmísimo ceo aos que non comungaban coa doutrina de Xesuscristo, mais os Valuros seguen practicando o seu politeísmo, aínda que san Martiño Dumiense e o segundo concilio de Braga se refiren nese politeísmo soamente "ás árbores, ás fontes e ás penas" nós cremos que tamén tiñan que incluír as lagoas dentro de concepto de fonte.

Nesta segunda fase, os Valuros aínda que seguían practicando os seus cultos estaban xa na situación de semisacerdotes porque a maioría deles serían seguidores de Prisciliano, por ser o único sector relixioso que conectaba cos seus presupostos politeístas do mundo celta desde mediados do século IV, e que vén a darlle un pouco de respiro a este mundo Valuro, que seguía coas súas prácticas, pero pouco a pouco íase acercando ao mundo cristián, e agora, os sacerdotes Valuros chegan a ter un carácter semisacerdotal e empezan a ser marcados, por un lado co selo da reprobación, e por outro pola continuidade da súa consideración e, de aquí, pode vir a concepción dunha raza maldita, por non chegaren a aceptar definitivamente o credo cristián que trataban de impoñer as dúas elites en conxunción, a política e a relixiosa,

3.- O terceiro estadio supón xa a desconsideración e o carácter demoníaco que lles dan ás súas prácticas. Dinos Manuel Murguía, referíndose aos Valuros "Ellos por su parte explotaron bien la especie de superioridad que esto les daba, y aún se apropiaban gustosos el carácter semisacerdotal conque la superstición del vulgo los creía adornados... les tenían dotados de un poder sobrenatural aúnque de carácter demoníaco, algo así como entre hechiceros y servidores de la Iglesia", que se acercan moito ao pensamento priscilianista e do que tiveron a mala sorte de non seguir, a pesar de que a súa relixión heresiarca sobrevivira moito tempo na nosa Gallaecia e os ritos dos Valuros tratan de acercarse ao cristianismo porque senón non se conciben estas peticións como ritos de loita, incluso dentro do cristianismo, como pode ser a petición de diñeiro dos Valuros, segundo Murguía "para las once mil vírgenes cantantes que con el medio cuerpo en el agua y medio de fuera, cantan de noche y callan de día en la laguna de Caque, que es la de Santa Cristina".

Esta petición, por outra parte, franciscanista, onde as virxes non son nin máis nin menos cás ras da lagoa de Caque, que non é a de Santa Cristina como confunde Murguía, debido a que a de Caque e a súa contorna pertence a Castro de Rei e a lagoa de Santa Cristina está en Cospeito. Feitas estas consideracións, a fase de loita continúa ata o século XVIII e as razóns son obvias, os Valuros son xentes moi consecuentes cos seus principios relixiosos, vémolo nas Constituciones que a Igrexa de Tui deu no 1775 por boca do seu bispo Fr. Juan de Villamar "Deseando vivamente, di, ocurrir a los gravísimos daños que en las almas sencillas ocasionan los cuestores que el vulgo llama Baluros, ya con predicación de milagros, revelaciones, profecías, promesas e indulgencias fingidas, oraciones y exorcismos supersticiosos, ya con engaños, amenazas y varias descomuniones que fulminan para aterrorizar y sacarles su dinero y alhajas", que máis ou menos era o que facían os cristiáns, pero nunha situación regrada.

Os semisacerdotes Valuros seguen na situación priscilianista e están converténdose máis ao seu xeito, que consiste en tratar de incluírse dentro da clase sacerdotal, o que os levará á aparición doutra fase que sería o...

4.- Cuarto, que estaría xa bastante antes do século XVIII e, que despois de loitar contra a Igrexa, os que quedan, que son moitos, abandonan o seu empeño ao estar aliada a Igrexa co poder político, e diante deste poder omnímodo e globalizador levan sempre as de perder, chegando incluso a eliminar o nome de "Valuro" e de "montañas Valuras", e traspoñendo o seu nome, tan rico e importante noutrora, en meros esmoleiros que van desde o cruce dos camiños ata as feiras da Valuria para "trapichear" e poder ganarse a vida, froito dunha loita desigual e, tan forte, que neste combate secular a Igrexa chegou incluso a fulminar o seu nome igual que fixo cos lugares de culto precristiáns, reconvertíndoos e poñendo un santo no seu lugar que copase as características propias da relixión anterior.

Salve Valuria!

NOTA:
MURGUÍA, Manuel.- Galicia. Barcelona, 1888. Ed. Daniel Cortezo y Cía. Páxs. 40 e ss.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES