Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (29)

viernes, 21 de octubre de 2022
As profesións valuras

Na Valura hai as mesmas profesións que noutros lugares de Galicia, e isto sempre foi así, con predominio de traballos que abranguerían todo o que corresponde ao ámbito rural coa preponderancia da profesión de labrego que ocupou ata o século XXI á maior parte da poboación galega, mais ao longo da historia, a palabra Valuro, transnominada e copada por uns poucos, tivo moi diferentes profesións:
A misteriosa e incógnita Valura (29)
1.- O Dicionario da R.A.G. descóbrenos que o significado de "Baluro" é un "home con coñecementos ao que se lle atribúen certos poderes, que realiza curacións, adiviña o porvir, etc."

2.- CARRÉ ALVARELLOS, Leandro, no seu dicionario distingue "Baluro/a: Espíritu maligno, demoníaco. Hechicero que ejerce de médico utilizando oraciones y exorcismos" e "Valuro: usurero, que presta con usura".

3.- FRANCO GRANDE, X.L.- Tamén distingue "Baluro: brujo, hechicero que a la vez oficiaba de médico, sacerdote, milagrero y profeta", de "Valuro: Usurero, que presta con usura."

4.- GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA, Silverio Cañada.- Baluro sería "a persoa que se dedicaba á bruxería, ó tempo que actuaba como menciñeira, sacerdotisa e adiviña. Practicaba as artes do engano e da maxia... Ás veces exercía as competencias de crego".

5.- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio.- Dinos que Valuro "equivale a brujo, hechicero que a la vez oficiaba de médico, sacerdote, milagrero o profeta".

6.- MANUEL MARÍA, o poeta da Terra Chá comenta que os valuros "venden oración contra o mal de ollo e as doenzas das xentes e os padecementos dos animais".

7.- CARBALLO RIELO, Isaac.- Precisa que "os baluros non eran máis ca correntes esmoleiros".

8.- RISCO, Vicente e IGLESIA ALVARIÑO, Aquilino.- Atribúenlles a profesión de "sanadores" de doenzas e dos animais (salientando o prestixio que como tales acadaron entre a poboación).

9.- MURGUÍA, Manuel.- trata do seu "triple carácter de sacerdotes, médicos y hechiceros es innegable".

Resumindo, segundo o exposto, diremos que as profesións atribuídas aos Valuros e entre outras, son as seguintes:

. Médico, sanador.
. Curandeiro, menciñeiro.
. Adiviño, milagreiro, profeta, exorcista, mago.
. Feiticeiro, bruxo.
. Sacerdote.
. Usureiro.
. Estafador.
. Vendedor.
. Esmoleiro.
Salve Valuria!

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES