Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 18 de octubre de 2022
Cos ollos pechos

Cerro os ollos e vexo a vida pasar. Pasa de présa, pasa nun lóstrego. Porque a miña vida é curta. Vivo e deixo vivir. Así de sinxelo. Agora cada un que viva como queira... e coa súa conciencia. Cos ollos abertos vexo moitas máis cousas, e non me gustan. Por iso pecho os ollos. Mellor. Moito mellor. Vaiche boa!
A miña nai chámame Meu Neno, a pesar dos 50 anos acabados de cumprir. O meu Pingas de Orballo pai chámame Salvador, que é como consto na partida bautismal. E os de fóra chámanme O Piollo, porque son ruín, pouquiña cousa e, para máis aquel, ando sempre a rañar na cabeza. Algúns pensarán que é a causa dalgún proído, pero a realidade débese a que medito moito. Tamén son moi tranquiliño e un cacho de pan.
Gústanme os coches vermellos e o silencio sentado á beira do ruído. Levo unha vida de aquí para alá (dentro da miña tranquilidade) e descanso sobre unha almofada na que se mesturan os ruxerruxes dos soños. Son coma ese piollo que se bambea coa liana da nostalxia; mellor aínda, coa soga da morriña, da señardade.
Por veces contemplo, cos ollos pechos, fotos que vin algunha vez e que marcaron o ir e vir dos pensamentos. Cando se me esvaecen deixo que a melancolía sexa o pracer de estar triste. Ás veces son así de nostálxico. Ou de arroutado. Cada un que pense o que queira, que eu vivo a vida cos ollos pechos. É curta. Pasa nun alustro. Pero que harmonía neste soñar esperto! Son un piollo ben fino.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES