Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 06 de octubre de 2022
Polo universo sen fin

Tan axiña como saín da casa collín o camiño cara ó universo infinito. A ver se lle encontraba a meta, a fin. Maldito camiño, é infinito! Ó rematar o día fixen noite na lúa. Polo lado oculto ou escuro. Para que ninguén me vira. A zona estaba chea de naves e estacións espaciais. Logo, para máis aquel, o satélite estaba na súa fase chea ou vella, Pingas de Orballo é dicir, cando o resplandor é máis cómplice para darme a ver. Pero agochei entre aparellos vellos que deixaran alá os ianquis. Ó mellor eran os que usa o típico galego na lúa para labrar o terreo dos arredores. Vai ti saber.
A segunda noite paseina en Marte, ese planeta que din que é vermello. Eu sei que o único vermello existente e bonito está nos beizos dalgunha muller; todo o demais son quimeras que non atinamos a discernir. En Marte, ás tres da madrugada (horario terrestre que, alí, eu que sei que hora era) escoitei algún que outro ruído. Xa se me veu á cabeza o alien de Ridley Scott e, que queredes que vos diga, tiven un sono inquedo, moi nervioso. Marchei de alí coma un marciano cagadiño.
Non parei máis ata chegar a Xúpiter. Alí fíxeno coa intención de pescudar o camiño que me levase a Plutón. Foime imposible. Por culpa dalgún listo, dalgún espelido que pensou que Plutón non merecía ser planeta. Os terrícolas dérono por esquecido no universo, nese universo sen fin ó que lle ando buscando unha meta. Non hai maneira, xa ando completamente perdido e sen saber en que hora vivo. Este puto universo non te fin.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES