Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Don Cristobita e Don Pasotita

lunes, 10 de noviembre de 2008
Don Cristobita, xa saben, ese señor que está máis tolo que unha cabra, din que anda solto por Lugo. O Domingo das Mozas viuse falando nas terrazas do Madrid na Praza Maior cun home que levaba na cachola unha boina con curuto. Don Cristobita sentou á mesa ao carón do home da boina que tomaba tranquilamente un café, e comezou a falar con el.
-Voulle contar: Nos meus tempos fun un aventureiro, e moi perigoso. E vostede? –dixo don Cristobita.
-Eu pasei sempre de aventuras –dixo o home da boina con curuto.
-Verá, aínda que moitos cren o contrario, ao son da única música que bailo é do que tocan as orquestras. E vostede?
-Eu paso de música e de festas.
-Vostede pasa moito, pero eu non paso nin da chaque-ta, pois fai anos que levo a mesma e para que semelle que a cambio a cotío, doulle a volta do reverso. Polo menos así semella que teño dúas. E vostede?
-Eu paso de cambiar a chaqueta.
-Xa vexo! Nos meus tempos -seguía esbardallando don Cristobita-, eu era capaz de enfrontarme ao mesmo pecado e fíxeno cando desertei do exército. Desde entón fixen de todo: De acólito, de tafur e de tío duro até chorar nos enterros coma Franco. E vostede?
-Eu paso de desertores, de enterros, de curas, de xogos, de velorios. Tamén paso de chorar, e de Franco, por suposto.
-Dalgunha cousa non pasará, digo eu. A ver, E da política que! Eh! Da política tamén pasa?
-Depende -dixo o da boina.
-Depende de que? -preguntou don Cristobita.
-Mire hai dúas cousas das que non paso, por exemplo non paso de racistas, fascistas, xenófobos. Da outra cousa xa llo direi.
-Coidado! -dixo don Cristobita algo aceso, porque eses son os meus. Non siga que pode enfurecerme, porque axiña me alporizo e a miña lingua nese estado e viperina. Poñeríao a parir se non fora que tamén son afable e agasalleiro. Dígame, non lle preocupa?
-Bo!, nin me preocupa nin me despreocupa, só que paso de preocuparme e se quere saber da outra cousa da que non paso, porque estará vostede moi interesado, direille, que da outra cousa da que non paso, é dos callos.
Don Cristobita, dándose por derrotado, érguese e di: Boas tardes cabaleiro. Lisco, don Cristobita para servilo.
O cabaleiro da boina esténdelle a man e di: Don Pasotita e paso de que me sirva.
Piñeiro González, Vicente
Piñeiro González, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES