Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (27)

viernes, 30 de septiembre de 2022
Proceso de degradación e trans-nomeamento

A palabra Valuro, que en principio designaba a todo un pobo, que vivía entre as montañas Valuras, supoñemos que concienciado e con desexos de chamarse así e de levar con honra e dignidade este nomeamento, pouco a pouco e ao longo dos séculos, foi unha verba que quedou, case soamente, para sinalar persoas esmoleiras e que iban en contra da relixión, chegando incluso a formar parte da hampa, socialmente xulgada como unha raza maldita ata considerarse segundo o pseudo Servando "a gente mais roin que ten Galiza".
A misteriosa e incógnita Valura (27)
Como é posíbel que os oficios que tiñan os Valuros e segundo nos conta Murguía:"Ellos por su parte explotaban bien la especie de superioridad que esto les daba y aun se apropiaban gustosos el carácter semi-sacerdotal conque la superstición del vulgo les creía adornados".

Como é posíbel, digo, que do seu triplo carácter de sacerdotes, médicos e feiticeiros, se pase a esta situación na que dunha maneira explícita tamén nos inclúe Murguía?

O proceso de degradación foi lento e ao longo dos séculos, de tal maneira que en principio dentro do nome de Valuro ou Valuros están representados todos os habitantes da Valura, non soamente unha parte deles, senón todos; mais o proceso vaise xerando amodiño, primeiro por parte das xentes de fóra da Terra Valura ou Valuria, como é natural, mais despois esa humillación e aldraxe vaise facendo tamén desde dentro e por parte dos mesmos Valuros ou habitantes chairegos que non se sentían honrosos deste nome porque unha parte mínima desta poboación acaparaba e usurpaba esta denominación coa que a maioría non estaban de acordo e coa que non se sentían representados.

Hai, polo tanto, un proceso de degradación e de trans-nomeamento comezado polas xentes doutras comarcas e seguida polos propios habitantes da Valura para designar a unhas persoas que se dedicaban a pedir e a roubar, se fose necesario, formando parte dunhas confrarías do delito que estaban moi ben representadas no resto de España e sobre todo no século XVII, tal e como recollían Quevedo e Cervantes en libros como El Buscón ou Rinconete y Cortadillo, neste último con Monipodio ó fronte dun gremio ou confraría de ladróns sevillanos. O feito de que en Sevilla haxa ladróns, non por iso hai que considerar ladróns a todos os sevillanos; o mesmo se pode traspoñer á Valuria onde o feito de que unhas persoas, a partir do século XVII se dediquen a unha serie de actos propios da gandaina, non quere dicir que todos os Valuros fosen truáns, non obstante na Valura operouse esta TRANSNOMINACIÓN, até tal punto de que todo habitante que nacera ou morara na Terra Chá ou Valura, era Valuro, e Valuro era o nome que recibían os membros desta hampa ou confraría á que evolucionou esta panda de estafadores e delincuentes, de aí que tamén se principiase desde dentro da Terra Chá a ir eliminando o nome co que non se sentían representados ao operarse o que se coñece con nome de metonimia ou sinécdoque, onde se representa a unha parte mínima dos habitantes como se fosen todos, producíndose un cambio de nominación a partir do século XIX.

Antes desta data non atopamos este problema xa que nos documentos, cartografía e libros anteriores citábase o nome de Terra Valura, sen ningún tipo de tara ou defecto, chegando incluso a preferir este nome (Valura) antes que o de Terra Chá, mais, pouco a pouco, este último vai ganando espazo e adeptos, ata tal punto que hoxe a xente de Galicia se dis que es da Valura, ninguén é capaz de sinalar o lugar, mais se falas de chairego ou da Terra Chá, todo o mundo sabe da túa procedencia.

Resumindo, prodúcese unha transnominación do nome Valura ou Valuria en beneficio de Terra Chá, onde outros estamentos como a Igrexa e o franquismo tiveron moito que ver, quitándonos o nome e traspoñendo a nosa identidade, por iso, penso que xa é hora de que volvamos a chamarnos Valuros, e de que nos pidan perdón por denominar a toda a comarca e tratar de delincuentes a quen nunca foi, por mor de confundir unha confraría ou varias co nome de toda a Valura.

Salve Valuria!

NOTAS:
MURGUÍA, Manuel.- Galicia. Páx 41. (Galiciana)
CERVANTES, Miguel de.- Novelas Ejemplares. Espasa-Calpe. S.A, Madrid 1969, 14ª edición, Colección Austral Nº 29.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES