Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A loita pola atención á diversidade

miércoles, 05 de octubre de 2022
Cando falamos de atención á diversidade falamos dun dereito que a Administración Pública ten a obriga de facer efectivo. Por iso non se entende que despois de tantos anos, tantas leis, tantos decretos e tantos plans haxa que seguir en pé de loita no campo de batalla. O certo é que despois de todo este camiño hai nais e pais que se vén na obriga de volver loitar o loitado e incluso volver conseguir o conseguido.

Isto está a acontecer por exemplo coa transición do colexio ao instituto. Cónstame que está tres persoas con diversidade funcional están a ter problemaspara súa inclusión efectiva nun centro de Culleredo. Cando falamos de problemas falamos de atrancos ao seu desenvolvemento educativo e, polo tanto, da vulneración dos seus dereitos fundamentais.

Ademais, hai que ser conscientes que os desequilibrios afectan a tódolos membros do núcleo familiar, así como tamén en relación co resto de nenos e nenas da aula. Unha correcta xestión da diversidade que pon os medios precisos redunda tanto no adecuado desenvolvemento da persoa concreta como na evolución colectiva da aula á que pertence.

Como vemos o incumprimento de deberes leva a incumprir dereitos, coa correspondente alteración nas dinámicas familiares da educación. Non debera sercomplicado que os recursos necesarios foran coa persoa facilitándolle o seu desenvolvemento académico na medida das propias posibilidades. O caso é que un grupo de familias estase aenfrontar a esta transición que, lonxe de ser un logro, constitúe un obstáculo imposto pola Administración educativa que se nega a poñer os recursos necesarios marcados na Orde do 8 de setembro do 2021 que ela mesma redactou.

A Administración (neste caso a Consellería) está a incumprir o seu propio regulamento, afirmando que os recursos son suficientes a pesares de que non se respecta a ratio marcada no artigo 80 da Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Dito artigo afirma que "A ratio máxima de persoal auxiliar coidador e alumnado con necesidades educativas especiais non excederá de 1/6, tendo en conta as necesidades de atención do alumnado" que establece que debe haber un profesional cada 6 alumnos/as, isto resulta insuficiente. Aspersoas somos algo máis que un número, sobre todo cando hai necesidades especiais queprecisan ser cubertas. Aínda así, estase a superar en determinados casos (aplicándose na práctica un 1/7), coa correspondente mingua na atención.

A consecuencia de todo isto é a falta de atención do citado alumnado. Estase a actuar dende unha óptica segregadora que vai ter consecuencias persoais e laborais a medio e longo prazo. Cabe preguntarse se un político ten o dereito de poñerlle trabas ao futuro da infancia e taménse ese futuro merece depender exclusivamente das vontades que atope no seu camiño. Se atopa implicación medrará e senón quedarase... Así funcionan os dereitos no noso país?

Hai que dicir, tamén, que este tema suscitou unha pregunta no Parlamento Galego. O certo é que é un tema que precisa de diálogo. Un diálogo no que a administración debe de saber escoitar...

É moralmente difícil de perdoar non apoiar a estas familias que loitan por un futuro (mellor dito: un presente) digno para a súa infancia. Elas saben que teñen os seus dereitos recoñecidosna Constitución. Sabe a Administración que ten o deber de traballar para que eses dereitos sexan efectivos? Escribir e falar ben non chega para desenvolver políticas con vocación de servizo público.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES