Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etnorituais e ofrendas no santuario mariano dos Remedios, Alto do César, Sarria (Lugo) (4)

miércoles, 19 de octubre de 2022
Algunhas consideracións antropolóxicas sobre este santuario.
O nivel de asistencia ao santuario depende da sona, que tivese este na contorna e maís alá. Polo tanto, sen milagres non hai posibilidade de crear devoción. Estes constituen a manifestación do poder da imaxe, que -segundo a liturxia oficialista- actúa como Etnorituais e ofrendas no santuario mariano dos Remedios, Alto do César, Sarria (Lugo) (4)mediadora perante Deus, chegando a posuir todo o seu poder sobrenatural. No obstante- segundo os canons da devoción popular- a imaxe sacra, que simboliza á Virxe dos Remedios ten un poder inherente a ela mesma. As imaxes -segundo Joan Prat- son as que gozan de gracia, virtude e favor. De aí, que os devotos teñan con elas un importante código comunicativo, baseado en signos lingüísticos e corporais, encamiñados a acadar a súa protección e indulxencia así como o agradecemento por un favor outorgado. Mais tal favor hai que o relacionar co grao de protección ás estructuras dun intercambio igualitario, o que implica "dar para que me deas". Por iso os devotos ademais dos rituais realizados deixan unha serie de ofrendas para satisfacer a súa parte no acordo co Santo.

Por outra banda, a dimensión sacra transmitese ao exterior por medio da procesión. Esta é un ritual relixioso, que ten como finalidade manifestar pública e colectivamente un culto, un diálogo coa entidade sacra correspondente. Utiliza normalmente un espacio fora do recinto sacro, que pasa a ser un soporte para esa hierofanía, para esa Etnorituais e ofrendas no santuario mariano dos Remedios, Alto do César, Sarria (Lugo) (4)manifestación relixiosa. Polo tanto, calquera espacio de acollida do ritual recibe unha reinterpretación con posibilidade de valores de sacralidade.

Neste santuario ademaís da dimensión sacra hai unha dimensión lúdica, na que mentres o baile, o canto e maila música desencadenan emocións, a bebida e a comida facilitan a comunicación. Estes trazos levanos a apreciar como nesta dimensión hai un tránsito do cotiá a situacións, onde poden ter lugar a espontaneidade, a diversión e o relaxamento dos costumes.

Como remate, cómpre sinalar que neste municipio aparte do santuario mencionado hai outros dous: o do Santo Cristo de Goián (1) e o da Capela de San Marcos (Vibille) (2).

NOTAS:
1. Sobre o Santo de Goián, hai o artigo "A piedade popular ao Santo Cristo de Goián", publicado por José Manuel Blanco Prado, na Rev. Croa (Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga), nº28, 2018.
2. Hai reseñas e comentarios de Xaime López Arias (Arlindo), ex.cronista de Sarria, acerca desta capela.

Bibliografía
BLANCO PRADO, José Manuel.: Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Lugo: Deputación Provincial, 1996.
CEBRIÁN FRANCO, Juán José.: Santuarios de Galicia (Diócesis de Santiago de Compostela), Santiago, 1982.
CHRISTIAN, JR, William A.: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español. Madrid: Tecnos, 1978.
FIGUEROA PAZ, Antonio V.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (SIX). Autor do mapa de localización dos santuarios do municipio de Sarria.
FUENTES ALENDE, Xosé.: Os Exvotos na Relixiosidade Popular Galega. A súa dimensión patrimonial. Santiago de Compostela: Editora Andavira, 2019.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: Guía de festas populares de Galicia, Vigo: Galaxia, 1997.
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.: Las Romerías / Peregrinaciones y sus símbolos. Vigo: Ed. Xerais, 1987.
PINTO, José; VIEIRA, Sandra.: A Festa de San Bento do Cando. Memoria de uma devoçao em terras de Soajo e Gavieira, Gavieira (Arcos de Valdevez, Portugal): Municipio de Arcos de Váldevez, 2017.
PRAT I CARÓS, Joan.: "Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía", en la Religiosidad Popular. III. Hermandades. Romerías. Santuarios. Anthropos, Barcelona, 1989.
VALIÑA SAMPEDRO, Elías. Inventario Artístico de Lugo y su provincia. Madrid: M.E.C. Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica. T.II, 1975.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES