Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etnorituais e ofrendas no santuario mariano dos Remedios, Alto do César, Sarria (Lugo) (3)

miércoles, 12 de octubre de 2022
Rituais e Ofrendas
Durante os nove días denantes da festividade da Virxe, celébrase unha novena no recinto sacro. Acoden devotos non só da comunidade parroquial de Cesar, senón tamén Etnorituais e ofrendas no santuario mariano dos Remedios, Alto do César, Sarria (Lugo) (3)doutras cercanas, e de Sarria, capital municipal. Os actos do ritual consisten no rezo diario do Santo Rosario, na celebración dunha misa con predicación, nas pregarias de cada día e nas xerais, para rematar co rogo dos fieis asistentes ao ritual.

No que atinxe aos rituais e prácticas penitenciais, un costume aínda vixente é o de vir andando dende o lugar de orixe, tanto da vila de Sarria, que dista 3,5 km. do santuario, como doutras parroquias limítrofes. Camiñar é a forma máis sinxela de purificación e mortificación corporal. O carácter penitencial da romaxe está ligado ao esforzo que debe realizar o ofrecido para chegar á meta romeira, acumulando así méritos que propician ao ente sacro. Unha vez no santuario os fieis participan nalgunha das misas oficiadas námbolos dous días de festividade. Así, o día 8 celebranse misas ás 8:30 horas, ás 9:30, ás 10:00, ás 11:00, ás 12:00, e a solemne a primeira hora da tarde, 13:30; logo, ás 18:00 horas oficiase outra. O día 9 oficianse misas ás 9:30 horas, ás 10:30, ás 11:30, e a solemne ás 13:30 horas. Tanto o día 8 como o 9, a misa solemne, sempre e cando as condicións metereolóxicas o permitan, ofíciase nun pequeño altar colocado no palco da música para tal ocasión. Isto motiva que a procesión salga denantes de celebrar a misa solemne, percorrendo o espazo comprendido entre a capela e o palco da música; e, tamén o faga ao rematar a misa. A disposición dos seus elementos é a seguinte: a cruz parroquial, portada por un fregués da parroquia; logo, a imaxe do San Xosé, levada no colo por unha nena da freguesía; a continuación, unha pequena advocación mariana do Carme, portada nas andas por catro cativos da freguesía; despois, as imaxes do San Salvador e do San Sebastián, Etnorituais e ofrendas no santuario mariano dos Remedios, Alto do César, Sarria (Lugo) (3)levadas nas andas cadansua por catro devotos; logo, a advocación mariana dos Remedios, portada nas andas por dez devotos dámbolos dous xéneros debido a seu gran tamaño e peso; a continuación, os cregos que van a concelebrar o oficio relixioso; e, como remate, os fieis, colocados sen distinción de idade e sexo.

Así mesmo, tanto pola mañá como pola tarde hai devotos que tocan coas súas mans e cos seus panos o manto da imaxe mariana e logo pasanos pola cara cunha finalidade profiláctica e sandadora. Tamén bican unhas pequenas medallas marianas, colocadas na prolongación dás dúas cinta, que penduran do manto da Virxe. Hai anos impoñíase a imaxe mariana por riba da cabeza dos devotos.

A relixiosidade popular ten, ademais dunha dimensión práctica, un compoñente de pacto baseado na reciprocidade, que esixe do devoto a entrega dalgún ben para propiciar ao ente sacro ou para compensalo polo favor recibido. Por iso é común que se depositen diversas ofrendas no interior do templo. Unha moi xeral é a dos "velóns de cera" -cirios pequenos- que os fieis adquiren a un euro e, logo, colocanos acesos nun pequeño altar, adicado a advocación dos Remedios e situado no lado exterior dereito do recinto sacro; no ano 2013 houbo unha ofrenda no conxunto dámbolos dous días duns 1000 velóns. Outra oferta son as esmolas en metálico, que os fieis adoitan depositar nalgunha das tres boetas de que está provisto o santuario. Asi mesmo, hai devotos que ofrecen estipendios en misas, cada unha das cales vale 6 euros. Námbolos dous días de festividade, houbo unha ofrenda aproximada de 700 misas, que os dous frailes mercedarios de Sarria, -encargados do santuario-, soen distribuir entre outros cregos para que que poidan oficiales no transcurso do ano. Finalmente algúns devotos, do xénero femenino, aportan ramos de flores, que colocan ao pé da advocación mariana.

Por outra banda, os oficios relixiosos dámbolos dous días complementanse cunha dimensión laica e profana, na que os fieis en xeral disfrutan dun tempo de lecer, mercan productos de diversa índole, entre os que hai que salientar as rosquillas, a roupa e os productos alimenticios. Tamén hainos que xantan o polvo o uns anacos de churrasco baixo os toldos dos postos, que están emprazados no campo da festa.

Ademaís, un bo número de veciños da vila sarriana acondicionan para estes días pequenas cabanas e carpas onde poden xantar e merendar. Á noite adultos e mozos non só do concello sarriano, senón tamén doutros da contorna toman parte na verbena.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES