Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etnorituais e ofrendas no santuario mariano dos Remedios, Alto do César, Sarria (Lugo) (2)

miércoles, 05 de octubre de 2022
Algunhas nocións sobre o santuario
O santuario é un espacio de culto representado por unha ermida, capela ou igrexa parroquial. A él van devotos da propia parroquia, na que se empraza o recinto sacro e, tamén, doutras comunidades máis ou menos lonxanas segundo o grao de influencia que exerza o lugar sacro.
Etnorituais e ofrendas no santuario mariano dos Remedios, Alto do César, Sarria (Lugo) (2)
"El Santuario es un lugar de culto que atrae romeros en ámbito superior al local" (1).

Cando os romeiros non pertencen á parroquia, o máis habitual é que veñan o día ou días propios da festividade da entidade sacra, simbolizada por algunha advocación de Cristo, de María, ou dalgún santo-a.

"El santuario es un templo en el que se venera la imagen o una reliquia de la Divinidad, de la Virgen o de un santo de especial devoción" (2).

Éstes adoitan acudir ben dun xeito individual ou colectivo para suplicar á divindade a súa mediación ante unha serie de rogativas de índole material (sandar, obter boas colleitas, rogo polos recen nados...) e, algunhas -ás menos- de carácter espiritual; tamén veñen para cumprir coas promesas ofrecidas, logo de que a entidade sacra lles outorgase as peticións requeridas.

"Los santuarios son percibidos como espacios sagrados, de los cuales irradia la salud material o espiritual, y a los que se acude de forma individual o colectiva" (3).

Trazos artísticos deste recinto sacro
O recinto sacro contén unha nave ampla, que amosa unha cuberta de pizarra a dúas augas sobre unha armadura de madeira.

A capela maior, máis alta e reducida que a nave, presenta unha cuberta a cuatro augas, e un arco triunfal de granito con dobre imposta. O fronte do templo mostra tres corpos verticais: o central soporta a torre, de cemento; e os laterais dan dobre acceso ao santuario. Na parte central do presbiterio hai una altar presidido pola advocación mariana dos Remedios.

Pola contra, na parte norte de la nave hai un retábulo lateral que contén as imaxes de O Salvador, resucitado, e San Sebastián, esta última do século XVI (4).

Expresións básicas da súa devoción popular
Os días 8 e 9 de setembro conmemórase a festividade desta advocación mariana. Acoden devotos de Lugo Etnorituais e ofrendas no santuario mariano dos Remedios, Alto do César, Sarria (Lugo) (2)capital, do concello de Sarria e doutros municipios limítrofes como Samos, Láncara, O Incio. Os devotos ofrécense normalmente por si mesmos mais hai algúns casos nos que veñen en nome doutras persoas que, polas suás doenzas, non poden acudir á romaría.

Os pedimentos máis usuais adoitan ser por doenzas humanas e animais, encomendación polos recen nados e polo que van nacer. Non embargantes, tamén hai rogativas de índole precautorio non só de doenzas senón tamén da facenda familiar. E, ademais, prégase á Virxe por problemas de carácter familiar e social.

As peticións dos fieis suponen unha actitude de submisión á Virxe, que é considerada por algúns devotos como unha importante mediadora perante de Deus, mentres que para outros trátase dunha entidade que ten poder propio.

Para expresar este sometemento ó poder sacro, os ofrecidos cumpren cunha serie de promesas que poden realizarse, indistintamente, denantes ou despois da concesión do pedimento. Para iso, os devotos adoitan tomar parte en diferentes rituais e ofrendas que describirei no próximo capítulo.

NOTAS:
1. CEBRIÁN FRANCO, Juán José.: Santuarios de Galicia (Diócesis de Santiago de Compostela), Santiago, 1982, páx.6.
2. MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.: Las Romerías / Peregrinaciones y sus símbolos. Vigo: Ed. Xerais, 1987, páx. 13.
3. PRAT I CARÓS, Joan.: "Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía", en la Religiosidad Popular. III. Hermandades. Romerías. Santuarios. Anthropos, Barcelona, 1989, páx. 227.
4. VALIÑA SAMPEDRO, Elías. Inventario Artístico de Lugo y su provincia. Madrid: M.E.C. Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica. T.II, 1975, páx. 173.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES