Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etnorituais e ofrendas no santuario mariano dos Remedios, Alto do César, Sarria (Lugo) (1)

miércoles, 28 de septiembre de 2022
Publicado na Revista Lucensia. Biblioteca Seminario Diocesano. Nº64.

I. Localización xeográfica do Santuario

COORDENADAS U.T.M. X: 629.197 Y: 4.733.719

O santuario a efectos eclesiásticos está situado no Alto dos Remedios; freguesía de San Salvador de Cesar; arciprestado de Sarria; e diócese de Lugo. Dende unha óptica civil este recinto sacro está emprazado no Alto dos Remedios, tamén nomeado Alto de Cesar, e pertence á parroquia de San Salvador de Cesar. Segundo o I.N.E. 1 do ano 2017, esta parroquia posuía 61 habitantes, distribuídos nas entidades de Arxevide, Cesar e Pape.
Etnorituais e ofrendas no santuario mariano dos Remedios, Alto do César, Sarria (Lugo) (1)
Esta parroquia pertence ao municipio lucense de Sarria, que posuía -segundo o I.N.E. do ano 2020- unha poboación de 13.338 habitantes, distribuída entre tres parroquias da vila de Sarria: San Salvador de Sarria, Santa Mariña de Sarria, e Nosa Sra. do Rosario de Sarria; e corenta e nove parroquias do medio rural. Estas ocupan unha superficie de 185, 09 km2. A nivel cultural neste municipio cómpre salientar a Torre da Fortaleza dos Marqueses de Sarria e o mosteiro da Magdalena, construído no século XIII. Ademaís, é mester sinalar a importancia que ten o estilo románico, reflectido ata nun total de vinte igrexas parroquiais.

A capital municipal, que é a vila de Sarria (2), está situada a trinta e un km. ao Sur da Etnorituais e ofrendas no santuario mariano dos Remedios, Alto do César, Sarria (Lugo) (1)capital provincial, coa que se comunica pola vía rápida CG-22, que une Lugo, Sarria e Monforte de Lemos; outra forma de acceso é por medio do ferrocarril, xa que a capital municipal ten unha estación de tren. Por outra banda, Sarria é sé do partido xudicial do mesmo nome e, tamén, capital da Comarca de Sarria, que ocupa unha superficie de 836,4 km2 e posuía -segundo o I.N.E. do ano 2020- unha poboación de 22.421 habitantes, repartida entre os seguintes municipios: O Incio (1533), Láncara (2584), Paradela (1739), O Páramo (1344), Samos (1246), Triacastela (637) e Sarria (13.338).

NOTAS:
1. Instituto Nacional de Estadística.
2. A finais do século XII o rei Alfonso IX fundou Vilanova de Sarria, adxudicándolle o foro, que ía a rexirse como vila real.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES