Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grazas, cinéfilos

martes, 20 de septiembre de 2022
Os do Grupo Fonmiñá, desde que naceu a Semana de Cine, temos un total agradecemento aos cinéfilos (e cando decimos cinéfilos tamén decimos cinefilas, claro) lucenses, polo apoio, ánimo e axuda recibidos nestes corenta e tres anos transcurridos desde aquel ilusionado comezo en 1979.

43 anos e outras tantas Semanas de cine dan para atrancos de todo tipo que poden ir desde ameazas de bomba ata películas que non chegaban á cita, desde a incertidume de contar ou non co programa oficial ao comezo da Semana ata ter que acudir a unha entidade bancaria a asinar un crédito persoal para salvar unha das citas anuais.

Pero un acontecemento inédito rexistrouse na noite do pasado luns, na sesión inaugural coa proxección da película francesa "Mentes maravillosas", cando o ordenador, a uns dez minutos do final, por un arquivo averiado, se negou a seguir reproducindo a película.

Os técnicos intentaron solucionar o problema, e durante alomenos dez minutos na sala gardouse un respectuoso e expectante silencio. Como o problema seguía, e levaría tempo conseguir visionar outra copia que tiñamos nun sistema diferente, informamos de viva voz, na oscuridade, das dificultades técnicas, e o silencio respectuoso continuou. Cando pasaron varios minutos máis, e constatamos o infructuoso dos esforzos encendemos as luces e pedimos disculpas pola avería prometendo buscar a solución que fose posible.

Admirounos o resultado: nin unha palabra, nin un xesto de desagrado. Comprensión total, disculpa do acontecido, e mesmo animándonos aos que manifestabamos impotencia por non atopar solución inmediata ao problema.

Independentemente da solución adoptada (proxectar os minutos que faltaban para o final antes da película do mércores), temos que expresar o noso agradecemento pola comprensión, a aceptación, e as palabras de ánimo recibidas alí, "en vivo e en directo". E o interese por coñecer o final dunha película sorprendente, rompedora, intelixente, que unha imperfección técnica impediu rematar.

Os cinéfilos lucenses sodes a nosa razón de ser, xa que só pensando en vós ten xustificación o noso traballo. Pero en casos como o deste luns esa razon poténciase de xeito inconmensurable, por ternos demostrado unha profunda comprensión, unha extremada sensibilidade, e un ostensible agarimo que agradecemos fondamente e loitaremos por ser merecedores da vosa amizade. Grazas, cinéfilos.
Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES