Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A propósito de Avelino Pousa Antelo. Recordar aos que nos preceden

jueves, 22 de septiembre de 2022
Pousa Antelo foi un dos mestres ao que o golpe militar do 36 lle fixo perder as oposicións... e máis cousas. Era militante das Mocedades Galeguistas, coñecera a Castelao e veu como no 36 o tempo non só se detiña senón que daba marcha atrás.

O seu exilio interior tivo a sorte de dar con Antonio Fernández López, un dos maiores A propósito de Avelino Pousa Antelo. Recordar aos que nos precedenfilántropos na Galicia daqueles días, que o convenceu para formarse (con Cruz Gallategui e Rof Codina) e traballar na Escola Agrícola da Granxa Escola de Barreiros en Sarria. Unha experiencia que bebe da Institución Libre de Enseñanza, forma á rapazada do rural para mellorar as explotacións agrarias, aos adultos e tamén a uns mil mestres rurais en cursos de verán. No medio da néboa, algo de luz. Alí, tan como alumno a Valentín Arias, que acabará asumindo o seu papel na Escola Granxa cando marcha a Canarias e Aragón.

O libro que acaba de saír (As paroladas de Avelino Pousa Antelo na Radio Galega) nace de aí, pois aínda que se trate de recoller uns programas de radio nos que colabora Pousa Antelo entre 2008 e 2009, quen fai a transcrición dos mesmos é Valentín (o mellor discípulo e gran amigo, como el o define). Certo que estiveron paradas moitos anos ata que Amancio Liñares as retoma, pide prólogos ás familia Pousa e Arias, aos representantes municipais de A Baña e Teo (onde nace e reside Pousa) e a iso engade os artigos que el mesmo ten publicado ao redor de Avelino. O libro nace con ese apoio dos concellos que o declararon Veciño Predilecto e Veciño Adoptivo.

De que fala Pousa Antelo na radio, cando conta máis de noventa anos? Da actualidade e do pasado. Unha e outra vez retoma os seus temas fulcrais: Galicia, a lingua e a cultura galega, o galeguismo e o nacionalismo, a escola e a educación (unhas veces en xeral, outras referíndose ás grandes figuras da pedagoxía como María Barbeito, Antía Cal ou Antón Costa; outras ás escolas de emigrantes...), do medio rural e o agrarismo, do cooperativismo do que foi un adalid, de xentes ilustres e acontecementos memorables, da memoria histórica e da ecoloxía ao redor das árbores, dos acontecementos históricos e literarios nos que actúa como testemuña e, coa chegada de Feijoo, repite incansable as críticas a Gloria Lago e Galicia bilingüe que intoxican a política.

Impresiona a claridade mental e a valentía de quen era presidente da Fundación Castelao, membro destacado da Fundación Alexandre Bóveda e do Pedrón de Ouro; un galego de ben.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES