Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 21 de septiembre de 2022
Accidentes Agrícolas

Os grandes accidentes agrícolas, hoxe en día, adoitan ser os dos tractores e os da corta de leña. Antigamente non había tractores. O vehículo por antonomasia dos tempos antergos era o carro. E si, o carro tamén producía accidentes. E graves, que parece mentira, pero... Como que lle aconteceu a Felicidad Quintas, de 63 anos, e Pingas de Orballo veciña da parroquia de San Estevo de Ambía, no concello de Baños de Molgas, alá polos primeiros días do mes de novembro de 1954. Levando o carro por unha pendente moi pronunciada, a muller sufriu unha caída e unha das rodas pasoulle por enriba dunha cadeira, polo que tivo que ingresar no sanatorio de Ourense. Menos mal que ó final o golpe tan só lle causou feridas de prognóstico reservado.
E a miña nai sempre me contou a vez que rompera os dous pulsos ó ter que agarrar do carro no lugar da Parrumeira, no monte de Pinouzos. O sitio polo que pasaba o carro da herba seca procedente do lameiro do Río Vello eran tan pronunciado, lateralmente, ou máis coma o da señora de Ambía. Para que os carros non ganaran a volta había que agarrarse ó sedeño pola parte de arriba, claro, para facerlle algo de contrapeso e así evitar tal envorcadura. Pero as forciñas da miña nai (como as miñas, que para iso somos do mesmo sangue e a mesma raza) eran o que eran, polo que o carro deu a volta e ela, no esforzo, axiña notou como os dous pulsos facían crac. Aquel lugar padecino ben (con carros de herba seca e con carros de toxos) e sempre lle tiven medo. Agora xa hai pista asfaltada é a esas zonas de Pinouzos xa se vai por outra carrilleira; pero antes... antes eran outros tempos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES