Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre o alcance do coñecemento Humano

viernes, 16 de septiembre de 2022
Lin un traballo do filósofo e escéptico belga, Maarten Boudry, no que formulaba a seguinte pregunta: HEMOS LLEGADO AL LÍMITE DEL CONOCIMIENTO?, que sorprendeu a miña modesta formación, porque creo que tal pregunta non se pode contestar, a menos que sexa posible decidir cientificamente se estamos nos límites neurolóxicos do noso cerebro, como insinúa o comentario.

Si..., creo que a pregunta así formulada non se pode contestar, pola sinxela razón de que se o noso coñecemento é limitado non podemos decidilo senón transcendendo esa limitación, e se, polo contrario, fose ilimitado, non parece fácil tampouco sabelo por descoñecemento do intre en que se lle faría cognoscible ao ser humano, xa que a mesma pregunta evidencia que non o sabemos.

Creo que só partindo de que acadáramos un coñecemento cientificamente avalado do proceso cognitivo neurolóxico do cerebro, como apunta o comentario, e, á vez, se puidera deducir racionalmente o fin ou infindo do mesmo, dentro da extensión existencial, tería máis sentido a pregunta.

Polo tanto, o que considero que se pode facer é resaltar, con exemplos encadrados dentro do que sabemos na actualidade, incluso intuitivamente, e valorar con fundamento neles as fronteiras do noso coñecemento. M. Boudry di que a comunidade científica non encontrou o Santo Grial da física, precisamente o que unifica o moi grande (relatividade xeral) co o moi pequeno (mecánica cuántica), e isto lévanos a descoñecer, por agora, de que está composta a maioría do universo, e cualifica dunha crebadura de cabezas o proceso polo que a conciencia xorde da materia.

Unha cita de Noam Chomsky denomina "misterios" a algunhas preguntas, que esquecen que somos seres naturais e seguimos os pasos darwinianos da evolución; pero, non obstante, isto non parece que aconselle ter en conta a evolución do cerebro cando non foi necesaria para descubrir a súas propias orixes.

Colin McGinn, filósofo británico, docente en diversas universidades de Gran Bretaña, entre elas Oxford, sostén que o cerebro humano non está preparado para resolver certos problemas, e intentalo non ten sentido. Certamente, pensa que o problema da relación mente-corpo ten unha solución natural, mais o noso cerebro nunca a encontrará.

Afirman estes chamados "misterianos" que o ser humano nunca vai atopar un coñecemento científico de certos sectores da realidade?. Pensan que as aplicacións obtidas mediante esa teoría, seguen manténdonos "cerrados ao mundo cuántico", por razóns de imposibilidades cerebrais; pero neste caso non consideran que, aínda que o cerebro por si solo non sería capaz de resolver algúns problemas, está demostrado que, complementándose de instrumentos cognitivos, si o pode acadar.

Respecto a isto está demostrada a capacidade do cerebro para complementarse. O mesmo C. McGinn nos ofrece un exemplo suficientemente ilustrativo. Responde que non somos capaces de detectar a luz ultravioleta, as ondas de ultrasón, os raios X e as ondas gravitacionais; pero podemos logralo co auxilio da tecnoloxía adecuadamente sofisticada.

A este respecto, non procede negar que eses instrumentos cognitivos estenden o alcance da nosa mente; un magnífico exemplo son as matemáticas que, como di M. McGinn, permítennos representar conceptos nos que non podemos pensar só co noso cerebro. E aquí cabe considerar que aínda que existen animais moito mellor dotados para obter certas percepcións que nosoutros non podemos lograr sen máis, eles teñen que manterse dentro dos seus límites biolóxicos, mentres que os seres humanos podemos valernos de instrumentos complementarios tecnolóxicos, aínda que ata onde o poderemos facer non parece facilmente determinable.

Pero é pertinente preguntarse quen sabe se outros aparatos de extensión mental que seremos capaces de inventar nos permitirán vencer as limitacións biolóxicas, xa que a bioloxía non parece un destino inexorable, aínda que neste caso é conditio sine qua non dos progresos cognitivos.

Neste caso, sorprendeume que un político, o que foi Secretario de Defensa de EE.UU., Donald Rumsfeld, establecera unha importante diferenza entre dúas formas de ignorancia: As INCÓGNITAS COÑECIDAS e as INCÓGNITAS DESCOÑECIDAS. Na primeira categoría está o que sabemos que non sabemos, y na segunda o que non sabemos que non sabemos.

Acerca das cousas da primeira categoría poderíanse formular preguntas con sentido e correctas; pero non así no suposto da segunda categoría. Non obstante, permítanme establecer unha certa desconfianza sobre os fundamentos desa diferenza, xa que sempre cabe a posibilidade da existencia desas incógnitas descoñecidas. E precisamente isto fortalece os meus reparos a pregunta que formula M. Boudry, se non me equivoco. Non obstante, se as circunstancias persoais non se opoñen, direi algo máis sobre os aparatos de extensión mental.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES