Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A misteriosa e incógnita Valura (26)

viernes, 23 de septiembre de 2022
Xosé Manuel Carballo: É Valuro o Monte Medulio?

Na mesma conversa na que Ánxel Fole fala da palabra Valuro, quedábanos pendente o que comentara anteriormente Xosé Manuel Carballo Ferreiro. De todo isto escribe o poeta Manuel Rodríguez López: "Hai anos, con ocasión dunha visita con Ánxel Fole a Castro de Rei tras visita-lo pazo de Sistallo, Xosé Manuel Carballo, o activo crego, A misteriosa e incógnita Valura (26)autor e director teatral, prestidixitador, inspirado narrador e incansable profundador nas raíces histórico-étnicas do noso pobo, díxonos que o monte da Escrita quizais sexa o Medullium reseñado polos historiadores latinos".

Se todo isto é verdade, habería que pensar que os Valuros formaban parte dunha tribo moi consecuente cos seus principios, como xa viñemos dicindo ao longo destas exposicións, era xente valente e sen medo, porque enfrontarse á Igrexa é tan complicado como facelo contra os romanos, sempre se leva a de perder.

Segue dicindo o poeta Rodríguez López, por boca de Xosé Manuel Carballo, que "Triabá -unha das parroquias do concello. Proporcionaba o liño para confeciona-las túnicas dos emperadores romanos e contou que, segundo a tradición, Teodosio o Grande nacera no lugar de Coea, pretiño de alí".

Triabá é unha localización valura, e tanto, que moitos historiadores colócana como centro da Valuria.

O escritor, membro da Real Academia Galega, Anxel Fole, escoitou con atención e dixo "Outra fantasía máis".

Nada sabemos se Teodosio foi ou non foi valuro, pero o que sí sabemos e que neste ano 2021 por mor dunha traída de electróns procedente dos eólicos dos montes da Pastoriza e Mondoñedo, atopouse a presenza dunha vila romana, entre outros achados, na mesma Coea, que moi ben puidese estar relacionado co berce de Teodosio.
A misteriosa e incógnita Valura (26)
Con relación ao monte Medulio, Amor Meilán concordaba co historiador Ferreras ao afirmar que entre os montes do concello de Castro de Rei atópase o famoso Medulio, no que os seus moradores, que se escaparon da espada e do lume, preferiron morrer envelenados coa raíz do teixo e Xosé Manuel Carballo di que o monte da Escrita puido ser o enigmático lugar da batalla entre valuros e romanos no ano 26 antes de Cristo a pesar de que o citado monte teña moitos máis adeptos (Mante Aloia, Medelo, Cabeza de Neda, O Bierzo, Póboa de Brollón...).

Lucio Anneo Floro, posiblemente a través de Tito Libio comenta o feito de que estes "indómitos guerreiros bárbaros" preferiron suicidarse co veleno dos teixos antes cá servir aos romanos...

Paulo Orosio no "Historiarum adversum paganos libri septem" observa que Antisio e Firmio, legados de Augusto, rodearon o monte Medulio, que se atopa preto do río Miño, o que concerta totalmente co monte da Escrita e un topónimo moi coñecido nos arredores é o de "As Teixoeiras", o que nos indicaría un lugar moi poboado de teixos.

Casimiro Torres en "La Galicia Romana" dinos que o Miño se tinguiu co sangue do pobo galego o que tamén concorda co monte da Escrita que polo seu oeste linda co río Miño e que se pode ver na estrada que vai de Castro Ribeiras de Lea a Castro de Rei, un pouquiño antes das Fontes de Quintela e despois de Bendia, habendo unha zona orográfica moi pronunciada na que o sangue puido chegar ao río polo pretiño que se atopa o monte da corrente fluvial.

Xosé Manuel Carballo tenme dito, ao que isto escribe, e repetidas veces, que os labradores cando aran no monte da Escrita atopan moi a miúdo ósos procedentes de cadáveres que alí se atopan. Sexa como fose, este é un monte Valuro que hai que considerar en tanto non se descobre a localización deste monte mítico que se atopa en Santalocaia, moi cerquiña da tamén mítica Cauca que podería estar representada por Coea.

Salve Valuria!

NOTAS:
RODRÍGUEZ LÓPEZ, Manuel.- Viaxes con Ánxel Fole. Ediciós do Castro, (serie testemuña). Sada, A Coruña, 1988.
Imaxe de XOSÉ CARBALLO tomada da páxina web CATEQUESIS DE GALICIA.

Texto: Xosé Otero Canto
Fotografía: Anxo Grande Penela
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES