Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación de 'Un corvo en Caldaloba' en Lugo

miércoles, 14 de septiembre de 2022
María Xosé Lamas presenta mañá xoves, 15 de setembro, ás 20:00 no Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo o libro UN CORVO EN CALDALOBA, unha obra teatral. No acto participarán tamén Antón de Guizán (Prologuista), Sófia Naseiro (autora da capa e das ilustracións), Ana Mar Fraga (Presidenta da Asociación Cultural Caldaloba, organizadora do evento) e os poetas Xosé Otero Canto, Pilar Maseda (NPG), Luz Airado (NPG), José Carlos Ulloa e Toño Núñez.
Presentación de 'Un corvo en Caldaloba' en Lugo
Un Corvo en Caldaloba é unha peza teatral pensada polivalente que se adapta a contidos didácticos, para leitura teatralizada, para representar tanto por grupos de teatro amador como profesionais e que conta con unhas ilustracións inspiradas nas vestimentas da época para cada personaxe. Promovida dende a NPG Nova Poesía Guitirica, está editada por Medulia Editorial co apoio da plataforma para a restauración da Torre de Caldaloba, o Instituto de Estudos Chairegos IESCH e o Concello de Vilalba.

A traxectoria teatral de María Xosé Lamas é longa tanto como actriz como directora de diversos grupos de Lugo e Vilalba. Autora de numerosas obras, algunhas delas xa representadas, Ten sin embargo En UN CORVO EN CALDALOBA a sua primeira obra teatral publicada, ainda que son numerosos os seus libros de poesia e narrativa.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES