Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Terrorismo

martes, 04 de noviembre de 2008
Na nosa actualidade, diversos temas van rotando no lugar onde colocamos sen sabelo as nosas primeiras preocupacións. Hoxe, a crise económica, onte o paro, antonte a seguridade, moito antes o terrorismo.

Os temas varían segundo os acontecementos de cada momento e calquera acción desusada coloca no noso primeiro punto de mira un tema novo ou recurrente. O último, o terrorismo, pola colocación de un coche-bomba por parte de Eta na Universidade de Navarra.

No aparente estertor da outrora poderosa banda terrorista, empréndese unha acción discriminada que pode ocasionar destrozos ou unha traxedia, deixando esto ó albur quizais por non poder mellor controlar unha acción que se lles vai das mans.

Son máis de catro décadas en que un estado moderno está a expensas do que decida unha banda que se na orixe tivo motivos políticos agora está gobernada por criterios que se nos ocultan ás persoas normais, pero que os aparatos de intelixencia organizados teñen que poder controlar.

Certo que unha organización terrorista sempre terá unha capacidade de manobra, de sorpresa, de producir dano, de causar terror. Pero o que non podemos aceptar é que todo un entramado defensivo da sociedade non pode facer máis nun tema no que todos estamos de acordo que debe desaparecer.

O terrorismo será sempre a primeira lacra. Porque o paro pode ter solución, a crise máis axiña ou máis tarde hase de amañar, a seguridade cidadá discurre entre uns cauces que se estiman normales, pero o terrorismo -que non pode ser circunscrito á área da seguridade cidadá senón que vai moito máis aló- require un consenso social absoluto, e o emprego de todas as forzas que a sociedade teña para defenderse.

Se se está facendo todo o que se pode, pois hai que poder máis. Hai que facer moito máis para solucionar este primeiro tema vital. Os demais virán todos a continuación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES