Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 09 de septiembre de 2022
A guapa de Casardeita

Son guapa, moi guapa. Son tan guapa que non podo demorarme moito tempo ante un espello. Por medo a que rache. Cada vez que quero pintar os beizos de vermello teño que facelo a cachos, por partes. O beizo superior píntoo ante o espello do Pingas de Orballo baño; o inferior xa ten que ser ante o espello de man (ou viceversa). Así non lle dou tempo ós espellos a que se emocionen ante a miña fermosura. Non digo todo isto por gabarme, non. A xente non para de dicirme que que guapa é a condenada. Xa o era miña nai, Dosinda A Gloriosa. A min, agora, chámanme A Divina. Na realidade son Lucinda.
A miña fermosura trae consigo eses piropos que, na actualidade, a moitas mulleres non lle gustan por machistas. Sinceramente, hainos moi machistas. Pero tamén os hai sinceros. Hai dous días dixéronme que era arco da vella dentro dun temporal. Iso é bonito! Ou coma o que me soltaron hai media hora, xusto cando viña para esta cafetaría na que estou: es a Perla Negra que me bambea mesmo co mar en calma. Como non me vou derreter ante isto!
Son tan bonita que ata semello un panal de mel. Ben que me dou de conta do alboroto que armo por onde paso. E axiña algúns péganse a min coma moscardos. E algunhas. Que eu ben as entendo; quen a boa árbore se acolle, boa sombra a cobre. Á parte de bonita, tamén son elegante. Sei vestir e visto ben. Nisto saio a meu pai, Lucino O Garboso. Coa fermosura e elegancia que teño... por onde paso, arraso. Son a guapa de Casardeita.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES