Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'O auto das ánimas'

lunes, 05 de septiembre de 2022
Entrevista con Pablo Lago Dantas

¿Pablo, pódesnos falar brevemente dos temas que trata o teu documental, e en que estado se atopa?

O filme é un encontro entre eu mesmo como autor, co meu lugar de orixe en Redondela, e a miña familia, despois de moitos anos fora de Galicia. Supón unha viaxe a través da memoria, a tradición, a deconstrución do fogar, a morte e o paso do tempo.
'O auto das ánimas'
Supóñome que será complicado sacar adiante un proxecto deste tipo, tan persoal.
Non é fácil. O primeiro paso é convencer a unha produtora de que o proxecto é viable. A Diana Toucedo convenceulle o proxecto, e despois conseguimos a axuda do AGADIC ao talento. A partir de aí, xa se interesou a TVG, e outros fondos privados, premios de festivais...

¿Pensas que os festivais teñen un papel importante á hora de potenciar os proxectos que están en fase de produción?
Claro. Por un lado, os feedbacks que recibes no circuito de workinprogress axúdanche a entender mellor o teu proxecto e as debilidades que pode ter. Por outro lado, tamén están os premios. No caso de "O auto das ánimas" gañou o premio Antaviana no festival de l'Alternativa Barcelona, que consiste nun dcp. Tamén no festival REC gañou un premio para participar no workinprogress de Málaga, e outro para participar no cinemart de Rotterdam. En Málaga gañou o premio ao mellor proxecto español, que consistiu nun premio en metálico, ademais do premio do FIDBA. Ademais tamén participou nos workinprogress de Salónica e Xixón. Todo isto fai que o proxecto comece a ser coñecido.

Entendo, entón, que ao final, todo funciona como un circuíto, que comeza xa na etapa de pre-produción. E que un programa ou festival pode levarche a outro, e así chamar a atención de distribuidores e programadores.
Iso mesmo. Por exemplo, nós tivemos a sorte de participar no programa internacional dok.incubator, e alí coñecer a un axente de ventas que se interesou polo proxecto, e que agora se encargará da distribución internacional da película.
'O auto das ánimas'
¿E entón agora, en que estado se atopa o proxecto e cal será o próximo paso?
Acabamos de terminar a post-produción. E a verdade é que a fase de distribución tamén ten a súa complicación, xa que algúns festivais obríganche a estrear a película con eles, por iso buscar unha boa estrea tamén leva o seu tempo. A ver se temos sorte e estreamos no mellor festival posible.

E como te sentes despois de tanto tempo para poder rematar a película. ¿Tes algún outro proxecto en mente?
Pois a verdade é que bastante aliviado despois de case 4 anos de traballo. É todo un proceso, e en moitos momentos faise bastante difícil. En cambio, noutros é moi agradecido, e dáste conta de que todo o esforzo vale a pena, porque ao final a liberdade para crear é algo moi difícil de conseguir. Agora estou a desenvolver un par de ideas que había tempo que tiña en mente. Pero de momento quero desfrutar da tranquilidade que supón non estar ficado nun proxecto de maneira tan intensa.
Lago Dantas, Pablo
Lago Dantas, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES