Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sen meter as mans no lume

lunes, 29 de agosto de 2022
Sen meter as mans no lume Falar unha terceira ou cuarta vez sobre os incendios sería repetirme, porque nesas tres ou catro veces penso que xa dixen todo o que tiña que dicir sobre esa eiva que está a deixar a nosa terra chea de negrura e miseria, sobre ese cabalo de batalla dos pirómanos. Pero hoxe asoman de novo a este Recuncho Hebdomadario porque, sorpresa, vou a comparalos coa Liga de Campións futbolística. Que terán que ver os allos cos bugallos? Moi sinxelo. Se para os incendios dicía que aqueles que se producían practicamente todos os anos pola mesma zona, non era por casualidade. O mesmo vale para aqueles que empezaban a causa de varios focos. Tampouco é casualidade. É dicir, provocados.

Pois tamén xa me parece que non é casualidade ningunha que ó Real Madrid, todos os anos, lle toquen equipiños practicamente descoñecidos na fase de clasificación. Sempre (ou case sempre) escapa do ou dos grupos da morte. Así é que, que non me veña ninguén dicindo que é casualidade. E seguro que se alguén o di, serán aqueles que, nos incendios, si confesan que non é casualidade que os haxa sempre no mesmo lugar. Non meto as mans no lume, pero... Pero hai sorteos que empezan a cheirar a certa manipulación. Seguro que será algunha man divina que fai bailar ás bólas ó seu antollo, ó seu capricho. Certo, xa non vive o Franco, pero a sombra de don Florentino é moi longa.

Sen meter as mans no lumeTampouco quero meter as mans no lume sobre a guerra de Ucraína, porque son o primeiro que digo que moito non entendo, pero sempre me ronda na cabeza que motivos pode haber acochados para que, logo de seis meses de guerra, ninguén solucionara nada, que todo siga coma o principio. Perdón, peor que ó principio. Cando empezou, polo menos, falouse e acordouse e realizáronse certas medidas que, co paso do tempo, pódese dicir que quedaron en borralla, en auga de bacallau. É que xa nin se fala de buscar algunha forma de parar esta contenda, que, polo que semella, aínda ha de chover. Que siga constando que levamos xa seis meses de guerra, que non son cagallóns que se encamban, nin son moco de pavo. Mesmo os medios de comunicación xa están tamén asimilando a rutina da ignorancia. Están a seguir o dito aquel de todo cansa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES