Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 26 de agosto de 2022
A Banda de Música de Guamil

Agora a xente dálle moita pompa, moito bombo á Panorama e á París de Noia porque arman un belén ou un desencravo nas noites de verán e, como moito, durante dúas horas. Que mérito ten iso? Non se mollan, usan tráiler, teñen todo practicamente preparado. Como se adoita dicir: chegar e encher.
Mérito era o do antes. Poño un exemplo: en pleno inverno, máis en concreto, os días 2 e 3 de febreiro de 1936, celebrando o san Brais en Piñeira Seca, lugar e parroquiaPingas de Orballo de Xinzo de Limia, a banda de música de Guamil, pertencente ó concello de Baños de Molgas, actuou durante eses dous días. E segundo contan as crónicas contando con numerosos fans forasteiros. Recalcar, iso si, que a palabra fan en 1936 nin migalla do seu uso. A proba é que a RAE non a incluíu no seu dicionario ata 1984. Entón, naqueles tempos, usaban público ou concorrencia ou afluencia; e vai parando.
Baixo a batuta do "culto director", don Manuel Pérez Outeiriño, a banda de música de Guamil seguro que estivo dálle que dálle, sopra que dálle, zumba que dálle durante dous días. E, ollo ó dato, unha banda non é unha orquestra. Os músicos desta sabemos que se quentan bastante ben a base de saltos e movementos, polo que os fríos do inverno non lles afectarán tanto como ós músicos dunha banda; aí, quietiños, sentados, como moito, seguindo o ritmo cos pés. As crónicas remataban, como non, augurándolles éxitos a moreas á banda do concello molgués. Se o público daquela época estivera agora mesmo diante da Panorama, seguro que botaría de menos á banda de música de Guamil. Aí queda iso!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES