Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ímola andando, que a festa vai boa

viernes, 31 de octubre de 2008
Non entendo de macro ou micro economía, só sei que catro máis catro son oito, nembargantes case vou a crer que poden ser nove e isto o digo con moita seriedade ante o que estou lendo das novas que veñen cada día das axencias xornalísticas.
Primeira nova: Os cinco grandes da banca en España gañaron nestes últimos nove meses preto de 15.096,06 millóns de euros, estes beneficios lles debeu parecer moi pouco á nosa clase política que aprobou no Congreso fai uns días avais polo valor de 100.000 millóns de euros para que tiveran maior liquidez. Non me saen as contas por moito que pete a cabeza contra un con. Mans que dades ¿Qué buscades?.

A outra nova que me sorprendeu foi a da aseguradora AIG de EEUU, onde os seus executivos fóronse de vacacións gastándose un total de 440.000 dólares en hoteis de California que costa mil dólares por noite, tras recibir os 85.000 millóns de dólares do rescate do goberno estadounidense, segue sen saírme as contas desta crise. Quen non goberna a leña, non goberna cousa que teña.
Eu, que non entendo de economía só sei que, o pano podre non garda puntada e aínda teño a cabeza no seu sitio para non crer en paxariños preñados e sigo pensando que catro máis catro son oito. De boas intencións destes executivos de “armani” e economistas imitadores de Milton Friedman (Chicago Boys) está o inferno cheo.
Se os bancos non están en condicións para prestar os servicios que teñen debido á súa mala xestión dos seus executivos, coido que o que se debe facer é non darlles diñeiro público para que sigan facendo o mesmo, quen enredou a mexada, que a desenrede, e si algunha entidade financeira non está resolta a cumprir os seus compromisos legais con persoas físicas ou xurídicas, o que teñen que facer os poderes públicos é iniciar un proceso penal contra os responsables, como en calquera situación na que alguén non cumpre a súa responsabilidade legal. Ao mesmo tempo o goberno comprometerse a crear unha banca pública que trocara a esa entidade financeira en quebra. Estamos nuns intres de crise provocada por eles que falan de refundir outra vez a mesma atrocidade capitalista (trocáronnos de cidadáns a simples consumistas), ou sexa máis do mesmo. Isto lémbrame aquel refrán galego tan enxebre que di: “…As contas de Xoán son como as fan…”

Rematando, como non son economista, limítome a dicir que o meu mestre sempre me ensinou que catro máis catro son oito, o que xamais me dixo que cando o diñeiro fala, todos calan, e isto conleva que catro máis catro sexan nove para os de “armani” e sete para os de pantalón de pana.
Será esta borralla a macroeconomía destes “listillos” de moqueta do século XXI. Fai uns días, o Premio Nobel Xosé Saramago lles chamou a estes “listillos” “criminais financeiros contra a humanidade”. Razón non lle falta.

Ímola andando, que a festa vai boa
Cardalda, Teo
Cardalda, Teo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Plus de altos cargos: Hai determinadas cuestións que resultan difíciles de explicar e máis aínda ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania