Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non teñades medo!

viernes, 19 de agosto de 2022
Corría o ano 1985 cando a Banda de Música de Paradela, empezaba a despertar dun letargo prolongado causado na sua meirande parte pola emigración que sufriu o noso pobo alá polos anos 60 e 70.

O señor Cándido, xunto con outros músicos da zona como o Ribeiro (cantas troitas Non teñades medo!comemos gracias a ti) Sindín, o Julio do Loyo (aquí presente e tocando o bombo como nos mellores tempos), o Luis, o Pepe..., e incluso xente do Incio como o San Pedro ou o Casilla botaron a andar, con moitas ilusións e ganas a súa Banda. Foron moitos os pequenos e pequenas da zona, que nos animamos a participar nesta aventura sin saber moi ben por qué. Tal vez porque nos facía gracia, tal vez porque nos daban de merendar aqueles donetes e aqueles petit suisse que tanto nos gustaban e que os nosos pais e nais só nos daban de cando en vez.

O caso é que pouco a pouco fomos aprendendo; non só música, senon tamén compañerismo, amizade e creamos uns vínculos que por moitos anos que pasen non romperemos.

Cantas divinas veces paseamos arredor da escola vella para aprender a desfilar... (podian convalidarnos o camiño de Santiago enteiro) e a promesa incumplida de ir tocar aos Estados Unidos se estudiabamos moito. Eu penso que nunca estudiamos o suficiente porque esa actuación ainda non chegou, pero a esperanza non a perdemos. Vivimos momentos moi felices pero tamén moi amargos e tristes, como o desgraciado accidente no que perderon a vida os nosos compañeiros Alberto e Aníbal.

Despois de varios directores, como foron o señor Pedro de Barrido, Don Enrique de Baralla e mesmo o Ribeiro, un día, apareceu un home pola porta do local de ensaio. Era un home flaco, moreno, cunha gabardina clariña... e nos pensamos... ¿e este elemento que ven aquí, quen será?. O seu nome era, é Lino De la Torre. Podemos decir sin temor a equivocarnos que non só foi o noso director, en moitos casos foi pai, foi amigo, pero sobretodo foi compañeiro...

Inesquecibles eran aqueles sábados, que despois de ensaiar, íbamos todos ou case todos a Sarria cenar unha hamburguesa e logo de marcha ao Litmar hasta as 5 da maña. A esa hora, e puntual coma un clavo, chegaba o Airexe e ala!!!, todos ó autobús e veña a tocar a donde fora. Cando digo todos, tamén me refiro a Lino, que se apuntaba á marcha coma un más de nós. Eso si, despois cando había que tocar, todos a una, como en Fuenteovejuna, mortos de sono e cansancio pero a tocar.

Percorremos Galicia, León, Zamora, Asturias, o norte de Portugal, Valencia... sitios nos que seguramente nunca estaríamos se non fose polo don de xentes que tiña Lino.

Outras veces, despistábase o señor director, pero nós, como bos aprendices seguíamos tocando coma se nada e Lino esbozaba unha sonrisa picarona que facía que aínda nos implicaramos moito máis no que estábamos facendo.

Nunca unha mala palabra, nunca unha reprimenda, sempre estaba todo ben... bueno, sempre sempre tampouco que algunha vez os santos cambiaban de sitio pero enseguida volvía todo ó seu cauce.

En contraposición, pero non por eso menos cariñoso nin menos querido estaba tamén o Casilla, o manager da vestimenta. Que non faltara nin unha corbata nin unha gorra nin unha hombrera. Estilo militar. Os calcetíns negros traíano pola calle da amargura...!!! Nena, heiche comprar eu uns calcetíns como dios manda!!!

Pero eso si, que nadie tocara os seus nenos e nenas. Claro que nós, naquel momento, algo atravesados, faciamoslles a vida algo complicada, como encherlle a tuba de mazás.

Teño que decir na nosa defensa que nos outros instrumentos non collían. Ese día case nos mata e razón non lle faltaba pero o Lino, (abogado da defensa) non paraba de repetir:

"Déixaos home, déixaos que son unhes pequenos" aínda que por dentro, el seguramente non deixaba de sorrir pensando na mente tan retorcida que tiñamos.

Olvidar o instrumento na casa, contar con moitos músicos e aparecer solo a metade ou menos... esas cousas nunca foron impedimento para ir tocar co mellor talante e co sorriso por diante. A súa frase preferida era... "vós non teñades medo" e con esa frase nós íbamos a donde fora e como fora:

Que había que facer un pasarrúas e chegabamos tarde... non teñades medo e faciamos o pasarrúas e ainda nos sobraba tempo.

Que nos esquecemos a maza do bombo... non teñades medo e Manolito (Airexe) collia unha bayeta e un cacho dunha xesta e listo, maza para o bombo.

Que tiñamos que tocar cunha banda que nos doblaban en número... non teñades medo e ali nos quedábamos coa plaza enteira.

Que nos equivocamos poñendo a partitura... non... ai, aquí non dixera nada porque non se dera conta. O que nos pasara fora que chovia tantísimo aquel día, aquí nas festas de Paradela, que estabamos baixo da carpa, pero chovia encima dos músicos, e entón separamonos máis e o Lino mandou poñer unha canción... pero que pasou? Os que estabamos cara un lado entendemos "Mozos do Penedo" e os do outro lado entenderon "Churrusqueira"... xa vos podedes imaxinar a situación. Pois nin así o Lino foi capaz de enfadarse, risas e máis risas foron as protagonistas dese día.

E así era Lino, aquel home flaco en apariencia pero moi grande de corazón, o que conseguiu facer tanto con moi pouco. Fixo, con axuda dos músicos da zona unha gran banda, e non me refiro a grandes músicos, que tamén, senón que fixo que unha xeneración enteira medraramos cuns valores humanos impagables. Asi que como decía Lino, NON TEÑADES MEDO, non teñamos medo e sigamos a estela que el nos deixou porque seguramente moi mal non nos ha ir.

(Palabras de Marisol Arias López, Presidenta da Banda de Paradela, na homenaxe rendida a Lino de la Torre e músicos históricos, con motivo do Bicentenario do Concello de Paradela).
Arias López, Marisol
Arias López, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES