Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 17 de agosto de 2022
Un amigo

Gústame contemplar os biosbardos desde a ponte das Cabras (ou ponte do Medo) de Baños de Molgas. Unhas veces fágoo apoiado na varanda e outras sentado no bordo dereito da ponte. Unhas veces cun libro aberto. Outras veces co mesmo libro, Pingas de Orballo pechado sobre o peito. Por momentos quería pillar as troitas coas bragas enxoitas, aínda sabendo que sería unha acción inútil, debido a que hoxe, nin troitas nin... O das bragas, mellor que sexa tema á parte.
Son Aurelio Diosdado Silveira e ó autor que non se lle pase pola cabeza escribir o meu alcume que lle arrinco as entrañas, ou mellor aínda, as asaduras. Teño alcume e os meus pais teñen alcume. Todos os veciños teñen alias, pero o meu, polo menos o meu, nin de carallada. Que eu ben sei que o que escribe é moi amigo de poñer os alcumes sobre o papel en branco. O meu, nin en branco nin no escrito!
Nun momento dado, e cando penso que unha troita choutou xunto ás carrancoñas dun vello amieiro, o que consigo ver é unha fermosa lontra entrando e saíndo das augas do Arnoia coma os anxos. Que bonita é! Durante un tempo deixei en paz ós biosbardos e seguín o percorrido da lontra con dirección ós Lamas.
Vendo que o autor se portou ben, quédolle agradecido e dándolle a entender (ou sexa, lanzándolle unha indirecta máis directa que a propia insinuación) que aquí ten un amigo. Que se el quere, para os seus escritos, outro día pode contar comigo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES