Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O teatro de Fiz, de novo en Lóuzara

viernes, 12 de agosto de 2022
O teatro de Fiz, de novo en Luzara "O muíño vello nunca morrerá", obra de Fiz Vergara, representarase este sábado en Santalla de Abaixo, en Lóuzara, ás 10 da noite do 13 de agosto.

Corrían os anos noventa cando a mocidade da aldea de Bustofrío fundou a compañía teatral "Milrosas". Esta estaba dirixida polo mestre Pepe Xurxo, quen cada verán viaxaba desde Cataluña ata o seu lugar de orixe co gallo de fomentar entre a rapazada o amor pola cultura.

Moi pretiño de aló, en Santalla de Abaixo, residía Fiz Vergara, o cal ao saber de tal iniciativa non dubidou en poñer o seu talento a disposición daquel grupo xuvenil que noite tras noite se reunía para repasar a obra que sería levada ás táboas na véspera do día da festa, o 24 de agosto.

Un deses textos que ocupou longas veladas de ensaio foi "O muíño vello nunca morrerá", creación do propio Vergara Vilariño, a cal versa sobre Manuel, un muiñeiro que non atopa leña nos montes para combater o frío e curar os orellóns da súa muller Maruxa. "Os montes arderon todos este verán... Non se atopa leña en ningures", lamenta Manolo. De aí que ante a imposibilidade de entrar en calor o protagonista decida desfacer o muíño para ter con que quentarse. Non ben, o que non agardarán el e maila Maruxa será que as pezas deste cobren vida a través da familia anterga do muiñeiro que construíu cada unha delas. O arcaz, a moxega, o farneiro ou a pedra terán o poder da palabra para tratar de convencer ao matrimonio de non seren queimados.

Xulio Pérez Pereiras volve deste xeito a ocupar o papel de Manuel, ese que xa tivera a oportunidade de protagonizar tres décadas atrás. Amais, Pereiras lembra que a representación desta peza é dobremente emotiva, pois por fin se representará no muíño de Santalla de Abaixo, o lugar propio onde sempre se pensou executar pero que no seu día tivo que ser substituído por outro.

O resto de integrantes da compañía Milrosas son: Eva Méndez , Aldara Pérez, Jaime A.Vilariño, Noa Pallín, Brais L. Vergara, Alba María A. Vergara, María Quintana, Luis Quintana, Vanesa Pérez, Brenda González e José Antonio Pérez. Cada compoñente é de procedencia louzariña e algúns destes mesmo son parte da familia do Fiz.

O teatro de Fiz, de novo en LóuzaraAsemade, esta nova adaptación de "O muíño vello nunca morrerá" promete destacar polos seus efectos especiais, así como tamén pola súa música en directo ou unha danza de mímica que axudará a crear o ambiente adecuado para que o teatro volva a gozarse no Val de Lóuzara en toda a súa plenitude.

Todo acontecerá este sábado, 13 de agosto, ás 22.00 h. e ao pé do muíño de Santalla onde tantas horas pasou Vergara Vilariño e onde a súa memoria, 25 anos despois do seu pasamento, continúa máis viva ca nunca.

(Brenda González Fernández é xornalista e escritora. A primeira das ilustracións é o cartaz da representación, e a segunda un momento dos ensaios).
González Fernández, Brenda
González Fernández, Brenda


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES