Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manolo bañouse nos Bloques con casco, e Eva María paseou en bicicleta

martes, 09 de agosto de 2022
Si, as noticias do verán (e do resto do tempo) son así, teñen moito aquel (e aqueloutro). E xa sabemos que Ribadeo non é Palma aínda que teña palmeiras, e que chamarse Eva María non é o mesmo que dicirse Victoria F. (F polo de se é segredo, a modo de Victoria's Secret, xuntar o de Victoria a Federica nunha publicación calquera) e que ter un irmán tamén F, nome común ó tempo que propio por moi segundo, secundario ou segundón que sexa, non é o mesmo que ter un Manolo por moito que sexa o único que leva o portador, a máis de o máis abundante e usado na pel de toro ou boi.

A nova podería ser redactada algo así: A popular praia de Ribadeo recibiu a visita de Manolo coma un visitante máis que é. Non houbo ringleira de apretóns de mans no sinxelo acontecer diario do visitante. Tampouco houbo burla sacando a lingua ou semellante. A xente común é así, común. E mesmo será raro ver outra reportaxe que transmita o feito. Aquí, exclusiva, exclusiva! O glamour dos Bloques non se veu alterado pola chegada de Manolo. Todo o máis, algún amigo fíxolle un sitio arredor do corro do grupo sobre a herba. Iso si, preto da moza do momento. Podemos dicir 'a moza dos seus ollos'? Sería moito dicir, como ten dous ó mellor non están de acordo. Tan simpático coma sempre, despois pegouse un chapuzón. Por suposto, algo que nos sorprendeu e deu que falar: fíxoo con casco! Preguntado sobre o feito, declarou que que tiña de anormal, que un casco é un gorro, ou, ao menos, parécense moito! Que ocorrencias máis cuquiñas ten este Manolo!

Tamén apareceu estes días por Ribadeo Eva María. A lombos da súa bicicleta xa vintage por iso de que é vella pero querida, lucía os seus sinxelos traxes. Non se sabe moi ben -dependerá de quen, é de supoñerse- se o vestido chama a atención sobre ela ou ela sobre o vestido; en todo caso, pode ter algo que ver co seu nome, emparentado co da antiga canción. Eva María pode tomar o Sol na praia, pero iso é o de menos. Como se non houbera Sol, ela pode iluminar as noticias e ser o punto de atención, vaia en bicicleta vestida ou non (é de preguntarse como iría se non).

Si, os pais de Manolo e Eva María tamén andan por aí. Son máis esquivos, xa non se deixan ver tanto como no pasado, sobre todo dende a división do matrimonio, e sobre todo o pai, máis apartado do mundanal ruído. En canto á nai, leva a súa nova solteiría fóra dos focos das novas, e non se pode engadir moito máis. Iso si, parece que a monxa non se meteu, e por Ribadeo pode verse.

- Nota: as historias froito da imaxinación non teñen por que parecerse a realidade, nin tampouco por que non parecerse. Asemade, tenden a ser exclusivas, pero tamén poden ser inclusivas. Tómese en consideración este feito e déixese voar a mente como se nas este verán sobrequecidas augas do Mediterráneo estivéramos, pois estas letras están mancas sen continuación nas vosas cabezas.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES