Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Turismo sostible

miércoles, 10 de agosto de 2022
Xurdiu esta semana en Compostela o debate sobre o turismo sostible. Se o habitante da cidade ve afectada a súa vida cotiá polo turismo este non é sostible e convídanos a pensar se queremos cantidade ou calidade.

Este é un debate moi complexo xa que non só afecta a Compostela senón a todo un Camiño que vive dun turismo que transformou radicalmente a súa economía. O que está claro é que tanto Compostela como o Camiño deben a súa fortuna a un feito cultural, polo tanto corren o risco de que un fluxo turístico máis deteriorado chegue a ser unha praga que dane o patrimonio.

Ás veces hai que elixir, nós temos calidade ao longo de todo o Camiño e tamén en Compostela e, aínda que a cantidade non sexa prescindible, si que é secundaria porque a fartura de hoxe non pode ser a fame de mañá.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES