Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando as recetas llas aplicamos a outros

lunes, 27 de octubre de 2008
Non vai de mediciña este artigo, senón de economía. Quen o asina é un simple observador, para nada experto na materia, aínda que nos últimos meses, calquera persoa que estea atenta ós medios de comunicación, acaba por familiarizarse con termos ós que non se adoitaba prestarlles excesiva atención e tamén, por coñecer o seu significado. Que importante é o concepto, diría o famoso Manquiña.
Estamos en tempos de crise; as esperanzas dun horizonte con mellores expectativas, a curto prazo, mínimas. O diagnóstico resulta evidente. Tódolos analistas veñen a constatar o mesmo: a situación económica é mala. Os indicadores así o avalan.
Asisto a vivos debates, en emisoras de radio de tódalas tendencias, nos canales de televisión, leo columnas de opinión nos xornais e cartas ó director neses mesmos medios; ata poño a orella nas conversas informais de bar. Procuro deducir a idea duns e doutros, dos teóricos e das persoas da rúa, dos consumidores, gandeiros, pensionistas. Todos teñen algo que dicir e que aportar.
Voume centrar nas recetas que propoñen os expertos do que chamaremos ala liberal-conservadora, ós que sempre lles oiamos alardear das virtudes do mercado, do laissez faire, que todo o regula e pon a cada un no seu sitio. Afirman estas eminencias que cómpre reducir o gasto público. Entendemos por esta medida que se deben alixeirar as distintas administracións do persoal de confianza, asesores, coches oficiais –polo menos os de altísima gama-, menos actos de representación e amortizar aqueles postos que son claramente prescindibles. E conxelar –ou incluso reducir- as gratificacións dos altos cargos. Podemos estar de acordo. Por suposto. Pero isto tiña que sentar cátedra e que fose unha constante, independentemente do ciclo económico que se viva e da opción política que goberne. Estes analistas, homes e mulleres moi ben vestidos e con facilidade de palabra, tamén propoñen moderación salarial e flexibilización laboral, na cal sempre vai impregnada a idea de facilitar o despedimento de traballadores ás empersas.
Ben. Agora chega a miña humilde reflexión, que igual resulta tan demagóxica como moitas outras. Cando escoitamos a un bancario recomendar estas últimas medidas, a primeira cuestión é saber se se aplica a el mesmo o conto; é dicir, moderará ou reducirá os seus, probablemente, altos ingresos económicos?. Renunciaría ás copiosas indemnizacións no caso de que a el o expulsasen do seu traballo?. Que hai das blindaxes que existen en grandes empresas de diversos sectores?. Abogamos pola reducción das cargas que supón cesar a unha caixeira nun supermercado, a un empregado dunha pequena fábrica ou taller. Pero nada se di cando o presidente desa fundación da semana verde, será compensado cuns dous centos mil euros polo mal trago que lle suporá deixar a presidencia. Por que non lle piden a el que renuncie a ese diñeiro? Tiña xeito que ese home recibise eses emolumentos polo traballo que desenvolvía?. É de recibo pagar tanto por un despido?. Preguntas para eses neo -liberais que maldicen a rixidez do mercado laboral.
Por iso, cando as chamadas á moderación salarial e a contención do gasto queren aplicalas ós demáis, en primeiro lugar, hai que mirar para dentro e dar exemplo. E isto pode ir para moita outra xente, que perciben uns honorarios máis que xugosos, excesivos diría eu, ata insultantes, en tempos de crise e de bonanza.
Este é o meu razonamento, talvez, adornado de certa demagoxia, pero os dereitos e deberes teñen que ser para todos. Quizais, a partir de aí podamos chegar a entendernos.

Lugo, 14 de outubro de 2008

Veiga López-Castelo, Pablo
Veiga López-Castelo, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES