Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chorando por Arxentina

viernes, 24 de octubre de 2008
Á economía con problemas todo se lle volven achaques. E a economía que nos afecta, a española, recibe a cotío ataques procedentes do interior pero tamén do exterior.

Os ataques do interior, o mesmo que nun organismo con problema de saúde, preséntanse como dolores que evidencian que o organismo sofre e ese síntoma advirte de que compre poñerlle algún tipo de solución.

De fóra son quizais os problemas máis importantes, pola dependencia que temos das poderosas economías dos países do noso contorno máis amplo.

De fora – Zapatero dixit- viñeron os problemas máis importantes xa que segundo a teoría inicial do goberno todo estaba orixinado polos problemas da banca hipotecaria estadounidense demasiado alegre á hora de conceder créditos que logo resultarían incobrables.

De fóra nos chegou agora, desde a Arxentina irmá, a noticia de que o goberno nacionalizou os fondos privados de pensións, decisión que afecta gravemente a un banco –o BBVA – e ocasionou na Bolsa unha drástica baixada das empresas españolas que teñen intereses naquel país.

Os mercados arxentinos están paralizados, a intervención do goberno arxentino considérase dunha gravedade extrema, pero aquí dóenos a repercusión que nas xa existentes dificultades terá un problema engadido que fai que chova sobre mollado.

Arxentina, que ben nos quere, fai chorar a nosa economía. Ou sexa, a todos nós. Pero esto somente é un paso máis nunha tola carreira que non sabemos hacia onde vai nin que camiño leva.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES