Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A relación entre Eugenio Montes e Antonio Tovar Llorente

lunes, 01 de agosto de 2022
A documentación, que acredita a relación entre Eugenio Montes e Antonio Tovar, limítase a un telegrama enviado desde o Instituto de Lingua e Literatura de Lisboa e á conferencia impartida no mesmo Instituto en Roma, ambos documentos coinciden no tempo, en que don Antonio Tovar Llorente, foi reitor da Universidade de Salamanca.

Eugenio Montes e Antonio Tovar, foron dous dos intelectuais, que tiveron desde o comezo un compromiso coa Falanxe, no caso de Montes, ese vínculo sen fisuras aparentes, con maior ou menor intensidade, semella que durou toda a súa vida, en cambio, Tovar, pasou por momentos de dúbidas e de distanciamento, que se consideran en parte, a causa do seu exilio voluntario, impartindo docencia en universidades europeas e americanas.

O telegrama que o día 1 de xullo de 1954, lle enviou Eugenio Montes desde Lisboa (1), é para coordinar as datas de exame. "Agradecere me indique fecha convenga presidente a partir del lunes dia cinco para convocar examen grado superior y elemental (anexo 1).

Academicamente o Instituto de Lisboa dependía da Universidade de Salamanca, a dependencia orgánica era da embaixada en Lisboa.

No curso académico 1956-1957, impartiu unha conferencia no Instituto Español de Roma. No resumen anual das actividades dese ano. páx.7, aparece textualmente, "Antonio Tovar hizo una descripción de Salamanca -con proyecciones-." (anexo 2).

A distancia física, é en certo modo, tamén ideolóxica, é o que da a entender, a escasa relación que se deu entre ambos intelectuais na súa madurez profesional, a pesar de defender o mesmo ideario durante un período longo de tempo.

"Antonio Tovar Llorente (Valladolid, 17 de maio de 1911 - Madrid, 13 de decembro de 1984. Estudou dereito na Universidade María Cristina do Escorial, Historia na de Valladolid e Filoloxía Clásica nasde Madrid, París e Berlín. Obtivo a Cátedra de Latín en 1942, na Universidade de Salamanca, da que foi Reitor de 1951 ata 1956.

Foi profesor das Universidades de: Bos Aires (1948-1949); San Miguel de Tucumán (1958-1959); Illinois, 1962 - 1964 e Tubinga (1967-1979).

En 1964 obtivo a cátedra de latín na Universidade de Madrid, da que dimitiu en solidariedade cos profesores expulsados: Tierno Galván, José Luis López Aranguren, García Calvo e Santiago Montero Díaz. Retornou aos os Estados Unidos, ata 1967, (2)".

CITAS:
(AUSA_AC,3559/105), Archivo Universidad de Salamanca
2. Antonio Tovar Llorente - NOTICIAS Salamanca
https://noticiassalamanca.com - historia - antonio-tovar
Antonio Tovar Llorente | Real Academia de la Historia
https://dbe.rah.es - biografias - antonio-tovar-llorente
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES