Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Retroceder é doado

viernes, 22 de julio de 2022
Dicir as cousas en termos absolutos, sen precisar, leva normalmente a esaxeracións ou sinxelamente, a engano. Tamén neste caso o artigo vai precisamente diso, de matizar o título poñéndoo no seu contexto -no que o ideei eu- na actualidade no tempo e no que poderiamos chamar o aquí no espazo. Aquí e agora, e referido a temas tan diversos como as medidas sociais ou as medioambientais.

No 2020 'apareceu' 'como se fose da nada' o covid19 como pandemia. Un coronavirus do que se tivo noticia en 2019 na China, e do que se pensou de xeito iluso que aí quedaría confinado, e que as medidas alí tomadas aquí serían imposibles. No 2022, en xaneiro, tiñamos conciencia de que as guerras eran cousa doutros lugares, outros continentes, países lonxanos, exóticos e atrasados. E iso por citar só dous feitos nos que se consideraba que había consenso, máis que nada polo lonxanos que parecían en todos os sentidos, e de aí, por considerar que non nos afectaban nin afectarían. É dicir, por considerar só dous casos 'fáciles'. Eses dous casos 'fáciles' leváronos a retroceder en dereitos e liberdades; a ser conscientes do retroceso en sanidade comunitaria, pública; a facer que se invistan en armamento (máis que en defensa) cartos que poderían servir para educación ou para construír a paz; a esquecer que en teoría somos unha sociedade libre e soberana, mentres na práctica seguimos coa lei mordaza vixente, mesmo con determinada prensa a favor da rapina contra os máis débiles e o común; ou se fixo evidente, unha vez máis, a subordinación a intereses de lonxe das nosas fronteiras, a máis doutros xerados dentro delas pero fóra da xente común. Retrocesos realizados ou evidenciados de xeito rápido e case sen ter consciencia deles, menos aínda, recibidos con oposición efectiva.

Non é doado volver atrás, polo contrario, cando se empeorou. É dicir, desfacerse do retroceso. Perder dereitos é doado, máis aínda cando alguén se postula literalmente para agasallalos de xeito mercenario a un terceiro a modo de cabeza cortada servida en bandexa de prata. Volver a recuperalos é difícil: significa loitar duramente para conseguilos. Un exemplo: é moito máis doado privatizar que volver a montar unha estrutura pública funcional. E se se opta por nacionalizar, os problemas veñen de xeito interno, de tentar facer pública unha estrutura que non o é e está orientada ós cartos e non ó servizo, incluídos os dirixentes encargados de manter esa liña.

E, sabendo a dificultade de conseguir algunhas cousas, non deberamos preguntarnos como deixamos que se perdan sen máis?
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES