Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Anxos ó noso alcance

jueves, 21 de julio de 2022
Xeralmente dicimos que os anxos son espíritos puros, servidores e mensaxeiros de Deus.
Dise que hai varias categorías de anxos, dise que todos temos un anxo da garda...

Neste caso quérome referir a esas persoas ás que se lles atribúen esas cualidades porque son boas, son inocentes, son cálidas, son mensaxeiras de Deus...

Ese tipo de persoas tamén andan entre nós.
SON TODAS ESAS PERSOAS QUE NACERON CUNHA CAPACIDADE ESPECIAL PARA AMAR ATA O LÍMITE.

Por eso nos encontramos:
-CON ESPOSOS QUE SE AMAN TENRAMENTE POR DÍAS DE VIDA.
É unha delicia velos como se miran, como se entregan, como se aman, como se protexen mutuamente...

-CON PAIS E NAIS QUE FAN O IMPOSIBLE PARA QUE OS SEUS "PUPILOS" SEXAN PERSOAS DE PROVEITO.
Persoas humildes, persoas con poucos ingresos, persoas que sacan o pan de debaixo das pedras, ricos, pobres, máis ou menos cultos, persoas que fan o indecible para que os seus fillos cheguen defenderse ben na vida...

-CON AQUELES DEPENDIENTES que explican con suma paciencia as ventaxas do que venden para que os clientes vaian ben servidos.
Ensinan esto, ensinan aquelo, ensinan aqueloutro, aguantan sen límites expoñéndose a que o cliente non compre ou compre pouca cousa...
Pero elas sempre cun sorriso nos biezos, sempre con boa cara, sempre disimulando, sempre mostrando o anxo que levan dentro...

-CON PROFESIONAIS DO ENSINO QUE SE ENTREGAN DE POR VIDA Á PROFESIÓN NAI DE TÓDALAS PROFESIÓNS.
Esta bendita profesión é a base de tódalas restantes profesións, de tódolos oficios, de tódalas ramas do saber.
Polas súas mans pasan santos, reis, ministros, médicos, abogados, enxeñeiros, mendigos, ateos, crentes... Todos.

-CON PROFESIOSNAIS DA SANIDADE que se consagran ó estudio, investigando, estudiando, privándose de moitas cousas, incluso de dedicar tempo ás súas familias para aliviar ós doentes.

-CON SACERDOTES QUE PREDICAN INCASABLEMENTE con suma paciencia e tenrura para que os fregueses encontren consolo e descanso no Deus do Amor e na axuda dos crentes comprometidos.
A veces parécelles que predican en deserto.
Pero non se cansan, non se enfadan, celebran que alguén encontre o camiño da salvación.
Pero estes sacerdotes con auténtica vocación saben que o Reino de Deus é posible e que actúa lenta e silenciosamente na alma das persoas.

-CON PERSOAS QUE DEDICAN MOITO TEMPO a persoas que se encontran soas facéndolles compañía e axudándoas no que poden.
A soidade é esa enfermidade "invisible" que vai minando moitas almas...
Almas que necesitan compañía e comprensión de anxos de carne e óso.


-CON PERSOAS QUE SACRIFICAN OS SEUS INTERESES POR AXUDAR A OTRAS:
Outras que están máis necesitadas que elas porque son sensibles ó sufrimento.

-CON SERVIDORES PÚBLICOS que poñen en risco as súas vidas en profesións de dificultade: personal de emerxencias, de seguridade, de prisións...

Hai anxos de tódalas latitudes e de tódalas condicións sociais: ANXOS XOVES, ANXOS MAIORES, ANXOS MASCULINOS, ANXOS FEMININOS, ANXOS QUE VAN REPARTINDO BONDADE POLO MUNDO ADIANTE.

Os anxos humanos van vestidos de maneira variopinta: algúns moi ben traxeados, otros con roupa de faena, outros co rostro manchado de carbón das minas, outros con pantalóns esfarrapados, otros con mans callosas, outros...

PERO O MÁIS IMPORTANTE É QUE CADA UN DE NÓS LEVA UN ANXO DENTRO.
Se sacáramos á vista o anxo que levamos escondido, seguramente poderíamos cambiar a faz da terra, seguramente non haberían tantas guerras, seguramente ninguén pasaría necesidade…
Sería maravilloso.
"SERÍA MARAVILLOSO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES