Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 20 de julio de 2022
Presa Fácil

A pesar de estar en pleno mes de xullo, do ano 1932, máis en concreto no día 12, Pedro Guede Quintas puido ver pola ventá da súa casa de Lamela, no concello de Baños de Molgas, como en algúns recantos da contorna aínda se apreciaba un chisco de néboa. Non obstante, sabía que non tardaría en desaparecer por completo. Mesmo intuía xa que o sol pegaría con forza.
Pingas de Orballo Mentres tomaba un café e preparaba un cacho de pan con touciño, dubidaba que facer coas vacas: se levalas para o monte ou largar a arar algunha leira. Quedou un momento pensativo e co oído atento a calquera ruído. Estaba inquedo, e sabía moi ben por que.
Non tivo tempo de pensar máis, nin tan sequera que faría coas vacas. Uns fortes golpes na porta fixeron que os seus pensamentos fosen agora por outros camiños. Soubo ó momento que era a garda civil. Pero como sabía que non tardarían en vir a por el, de noite xa deixara unha das fiestras da parte de atrás da casa aberta por se tiña que darlle sebo ós pés. Choutou como mozo que era de 32 anos, pero non sabía que a benemérita ás veces tamén é lista. Unha parella de gardas estaban a esperalo xusto baixo a ventá. Foi presa fácil. Tamén é verdade que non opuxo resistencia.
A Pedro Guede Quintas detivérono por ser o autor do roubo de ferramentas e dinamita ó contratista das obras do ferrocarril Zamora-Ourense, pola zona de Cantoña, do concello de Xunqueira de Ambía. Seguro que, fantasía arriba ou intuición abaixo, aconteceu así tal cal; os feitos e a detención.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES