Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 15 de julio de 2022
Rexeitamento á seitura

O meu pai sempre falaba (e xa moito antes a propia Rosalía de Castro) das penalidades coas que se atopaban os galegos ó chegar a Castela na época da seitura. Un veciño de Francos de Vide, do concello de Baños de Molgas, un tal Juan Movilla Cid, debeu intuír que outro veciño seu, rapaz aínda, se decatou ó momento desas Pingas de Orballo penalidades e que, estando xa na sega en Camarma de Esteruelas (un municipio madrileño a uns 40 quilómetros da capital) escapou como ánimas que leva o demo.
Ante iso, Juan Movilla, que vivía accidentalmente nesa vila madrileña mentres durase a sega, presentouse o día 17 de xuño de 1932 nese concello madrileño para denunciar que ás seis da mañá desaparecera do lugar de onde estaban segando ese rapaz chamado Camilo López Conde.
O alcalde, don Fulgencio García, non tardou en poñer sobre aviso ás autoridades competentes para que procederan á súa busca e para que o puxeran a súa disposición e así devolverllo, san e salvo, ó encargado. Para iso deulles toda unha auténtica descrición que nin tendo presente ó propio rapaz, sería tan exacta. Xa que o encargado, ou sexa, Juan Movilla comunicara que era pequerrecho pero forte, moreno, beizos grosos, pelo negro, de trece a catorce anos. Que vestía pantalón de pana negra e, ollo ó dato, remendado; chaqueta de tela forte, de cor; sombreiro de palla branca, ancho; chancas e botas de goma; que levaba un saco branco de tela cheo de roupa.
Confío en que fose tan só unha desaparición e que o rapaz estivese de volta a Francos de Vide.

Peito ó asunto

Pois quixen escribir un Pingas pola tarde mentres tomaba un café e foime imposible. Por culpa da suor que caía do meu antebrazo dereito e que, a maiores de mollar o papel do caderno, o brazo pegábase á mesa e non conseguía deslizalo como Pingas de Orballo era debido. E iso que dentro da cafetaría tiñan o aire acondicionado. Así é que non me quedou outra que deixalo para agora, ás nove da tarde/noite, sobre o propio ordenador. Creo que sabedes que me gusta escribir primeiro nun borrador e mentres tomo o café. Así mato dous paxaros dun tiro: tomo o café e non perdo o tempo.
Pois agora mesmo seguen a suarme os brazos, pero coa vantaxe de que non os apoio en nada. Agora tan só estou dálle que dálle ós dedos sobre as teclas pero sen amolarme moito esa suor. Que isto tamén é un dicir; non me molesta para escribir pero a realidade é que seguimos cunha calor sufocante. O corpo enchóupase de tal maneira que a propia humidade afunde nunha molestia con ganas de tirarse a un río, aínda que se afogue un.
Pois só pensar que aínda quedan catro días de inferno, xa dan ganas de deixarse caer nunha cama e non facer absolutamente nada, nin tan sequera limpar de cando en vez a propia suor, xa que custaría unha barbaridade mover un brazo ou unha man. Hai calores que deixan a un sen folgos. Pero, aínda así, e como a vida ten que seguir, hai que botarlle peito ó asunto e aguantar co que nos veña do inferno. Pero nin este inferno será quen de me prohibir saír. E escribir.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES