Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A memoria da historia e as historias da memoria (II)

jueves, 14 de julio de 2022
Citaba, na entrada anterior, varias obras de ficción xuvenís que trataban a temática da memoria histórica, pero resultábame inxusto deixar outras nesa mesta escuridade que as fai desaparecer, igual que as historias das que falan. Esa é a razón pola que continuarei mencionando algún outro libro que se move nesas mesmas coordenadas.

Se lembramos algún dos títulos aos que me refería anteriormente: Corredores de sombra, Noite de voraces sombras, A sombra descalza... vemos como se repite a palabra sombra porque volver a mirada ao pasado implicaba o encontro coas vítimas, coas sombras, cos fantasmas que continuaban entre nós, porque non podían descansar A memoria da historia e as historias da memoria (II)sen ter recibido algo da xustiza que lles correspondía.

Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey, está dirixido a un lectorado algo máis novo, para contarlle a historia dun neno pastor que asiste á desaparición do pai e ao misterio que se agacha detrás dese feito. Un amigo do pai, traballador de telefonía, é o home lagarto que ten bicicleta. O poeta Miguel Hernández aparece tamén na historia aumentando así o ton lírico que a envolve.

Para máis novos, aínda, está pensado o álbum ilustrado A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, con ilustracións de Bea Gregores. Ao campo de concentración da illa viaxan o fillo dun dos presos e a filla dunha das lavandeiras que lles axudan co lavado da roupa ou levándolles algo de comida. Dous rapaces que viaxaban ao terror... O libro leva as gardas con fotografías da época, dospersonaxes e do lugar; ademais, conta cunha páxina web que complementa e contextualiza a obra.Con este libro comeza a colección “Pequena memoria” de Xerais, dirixida por Eva Mejuto.

Sitúase, nesta mesma illa de San Simón, o álbum A árbore dos vagalumes de Xulia María Barros e Diego Salgado, que se presenta desta maneira: “Unha emotiva historia interxeracional, sobre o valor dos afectos, o respecto aos maiores e, sobre todo, a importancia de conservar a memoria, é dicir, a capacidade de non esquecer de onde vimos.”

Eva Mejuto, tamén é autora da novela xuvenil Memoria do silencio, na que recrea a historia das irmás Touza de Ribadavia, en plena II Guerra Mundial, que axudaron os xudeusa fuxir das poutas dos nazis; no contexto desa perigosa aventura móstranos o terror instaurado pola Garda Civilna Galicia da posguerra.

Pepe Carballude é outro dos autores que se para nesta época. Publica Xograres dun tempo novo en 2009 en Everest Galicia. Nela cóntase como unha muller diante do autorretrato do compañeiro paseado durante a guerra civil, lembra as súas andainas coas Misións Pedagóxicas e con personaxes tan coñecidos e interesantes como Urbano Lugrís ou Rafael Dieste. Publica In Memoriam na colección Fora de xogo de Xerais en2021. Nela conta como a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica vai escavar o antigo Parque da cidade, buscando os restos dun fusilado pouco despois da Guerra Civil porque o seu obxectivo é facer xustiza e homenaxear aos represaliados.

A novela Febre, de Héctor Carré, narra a tiranía e a corrupción do tempo do volframio, en Noia e Lousame, cunha valente protagonista feminina e cun personaxe que tiña recollido Avilés de Taramancos nun dos seus artigos de Barbanza, o Marelo de terrorífica memoria.

Máis distante, pero relacionado co tema dun xeito significativo, está O cemiterio de barcos de Francisco Castro. Unha novela onde se conta a historia dun pobo, gobernado por un cacique que se reproduce a si mesmo, pasando o poder de pais a fillos, con tanta man como para evitar que traballe alí un médico porque é de esquerdas, para urbanizar o que queira e para quedar con propiedades que eran dos derrotados na guerra.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES