Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 07 de julio de 2022
O camiño a ningunha parte

Sabía que o camiño do medio non me levaría a ningunha parte. Non obstante, collino. Porque de cando en vez é bo saírse do habitual. Mesmo é bo errar. Quen non erra? Así, despois, tamén chega a opción de corrixir, de recuar. Claro que, eu, aí, nese camiño, non tiña ningunha alternativa; non había nada que desembocase ou que me levase ós Pingas de Orballo camiños da esquerda ou da dereita. Había que seguir polo que non levaba a ningún lado; polo do medio. Ou o que case é o mesmo: deica o infinito e máis alá.
E seguín polo camiño do medio. E como non tiña présa sentaba cando quería e onde quería. Unha vez si me vin na obriga de facelo sen querer. Porque o espectáculo era total, auténtico. Dous lagartos bailando unha danza sen nome pero sen fin. O de sen fin era un dicir. Díxeno porque semellaba que non acababan nunca. Pero acabaron. Así é que andei un pouco máis polo camiño do medio. Camiño que semellaba a carreira do Lameiro de Arriba, en Baños de Molgas. Pero, realmente, eu non sabía onde estaba. E quizais non o soubese nunca, porque como non me levaba a ningunha parte, non tiña referencias.
É igual, eu seguín. Ós poucos metros volvín sentar e déuseme por pensar en que a vida é unha quimera, que algunhas veces tampouco sabemos para onde vai ou para onde nos leva. Aínda que sabemos que si ten unha meta: a súa conclusión, a súa fin. Mais iso xa non procede resolvelo neste camiño que non vai a ningunha parte.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES