Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sonia, unha rapaza de Bretoña

viernes, 01 de julio de 2022
Imos comezar polo final. Con iso quero dicir que, antes de lerlles un anaco do extenso currículo de Sonia Villapol, voulles contar, desde a miña perspectiva de xornalista, como me parece a min que é Sonia e como case xuraría que é así.

Coñecín a Sonia haberá cinco ou seis anos e faríalle unhas tres ou catro entrevistas. Describir a alguén a través das sensacións que che crea esa persoa na media hora ou a hora que, como moito, dura unha entrevista pode ser algo arriscado. Pero os anos de Sonia, unha rapaza de Bretoñaexperiencia tratando con xente de todas as cores e o afán que ha de ter o xornalista por diseccionar (no sentido xornalístico da palabra, non científico, Sonia) a personaxe que ten diante, fainos ver ou descubrir como pode ser esa persoa, máis ou menos.

E atópaste de todo. Falas con xente endeusada que bota abaixo, en segundos, o seu estupendo currículo e tamén falas coas persoas máis humildes que se fan grandes con cada minuto de conversa. E de aí, tratas de facerte unha idea de como é a personaxe para transmitirlla aos demais.

Se tivese que definir cunha soa palabra, como moitas veces facemos os xornalistas, o que me pareceu a min Sonia desde a primeira entrevista que lle fixen, só se me vén á mente unha: riquiña. Sonia é moi riquiña. É moi cercana. Sen coñecela de nada, faite sentir próxima a ella e de igual a igual, o que é moito dicir tratándose de científicos, médicos, profesionais do ámbito da xustiza e tamén algunha pequena estrela do mundo mediático ou artístico. De xente que ten algo que contar, en principio, pero que ao final di moi pouco.

Pero Sonia non é así. Ten moito que contar porque a súa carreira investigadora é incrible e tamén é unha persoa que di moito porque é a mostra de como unha nena de Bretoña, formada no ensino público, pode chegar a onde chegou, cruzando fronteiras e destacando como científica, nos seus distintos ámbitos, primeiro en Francia e despois en Estados Unidos, onde xa leva anos.

Por iso cando Sonia me propuxo vir aquí, non lle puiden dicir que non e ata lles direi que me fixo ilusión vir. Entre ella e eu, xerouse empatía, tanto na primeira como na segunda, terceira ou cuarta entrevista. Esa empatía ciméntase na súa cercanía e tamén na súa capacidade comunicativa e didáctica para transmitir o que sabe.

É un luxo poder dicir isto de alguén que nos representa polo mundo adiante e é unha mágoa que ese talento de Sonia non quedase aquí, como está a pasar con moita outra xente que acabou marchando por falta de expectativas laborais neste país.

Dito isto, só queda lembrar o teu currículo, Sonia. Un currículo de infinitas páxinas que, se me permites, vou resumir en catro ou cinco puntos para que o público se dea conta de quen estamos a falar, se non o sabe xa.

Sonia Villapol é licenciada en Bioloxia Molecular e Biotecnoloxia pola Universidade de Santiago de Compostela. Master e Doutorado en Neurociencias pola Universidade Autonoma de Barcelona.

Traballou en Paris durante a sua etapa posdoutoral na Universidade Pierre e Marie Curie VI e no Hospital Robert Debre.

Dende o ano 2010 traballa nos Estados Unidos, inicialmente nos Institutos Nacionais de Saude e no Centro de Medicina Rexenerativa e na Universidade dos Servizos Uniformes de Ciencias da Saude en Maryland.

Foi profesora de Neurociencias na Universidade de Georgetown, en Washington D.C., e desde 2018 e xefa de laboratorio e profesora de Neurocirurxia no Instituto Academico de Investigacion do Hospital Metodista de Houston (Texas). Tamen e profesora de Neurociencia na Facultade de Medicina no Weill Cornell de Nova York.

Ten publicados mais de 60 artigos cientificos e capitulos de libro. A sua investigacion centrase nos danos cerebrais e nas enfermidades neurodexenerativas e ultimamente tamén na relación entre a microbiota intestinal e o covid.

E esta é Sonia, unha rapaza de Bretoña.

(Palabras da xornalista chairega Sabela Corbelle na homenaxe a Sonia Villapol, no Muíño do Rañego, por ser erixido na súa honra o XVI Hectómetro Literario do vilalbés Paseo dos Soños).
Corbelle, Sabela
Corbelle, Sabela


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES