Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alicientes para todos

jueves, 30 de junio de 2022
Coas criaturiñas somos moi considerados á hora de estimulalos nos diferentes aspectos:
- Estimulámolos para que coman os que non son comedores.
- Estimulámolos para que fagan esto.
- Estimulámolos para que fagan aquelo...
Pero conforme van pasando os anos, os alicientes seguen sendo necesarios ó longo da vida.

A REALIDADE DINOS QUE TODOS NECESITAMOS ALICIENTES, TODOS NECESITAMOS QUE NOS ESTIMULEN, TODOS NECESITAMOS QUE NOS MOSTREN O LADO POSITIVO DA VIDA PARA SEGUIR ADIANTE...

De tal xeito que ós escolares váiselles diciendo:
- Que vaian adquirindo coñecementos para que se lles vaian encendendo luceciñas na mente.
- Que deben sacar adiante os estudios con éxito.
- Que deben aprender bos modais.
- Que pidan as cousas por favor.
- Que saiban dá-las grazas.
- Que sexan correctos cos superiores, cos inferiores e cos da súa idade...

Estas e otras moitas cousas dínselles ó mesmo tempo que se mostra admiración ou incluso se lles premia.

Son moitas as familias xunto cos educadores que saben facer estas cousas moi ben para que a infancia teña alicientes e non desfalleza ante as dificultades.

Pero non hai suficiente con que se lles mostren estes alicientes á infancia.

A adolescencia, esa etapa da vida no que se manifestan tantos cambios fisiolóxicos e psicolóxicos ó mesmo tempo, precisa moita atención para que non se desvíe.
As familias téñeno moi en conta e a veces ata lles resulta difícil encontrar alicientes suficientes para convencer á adolescencia do que realmente lle convén.

Porque a adolescencia é un período de especial autoafirmación nun momento no que a madurez é insuficiente e, por eso tanto as familias como os educadores teñen un pepel moi importante á hora de mostrar os alicientes axeitados.

Pero cando alcazamos a xuventude tamén os precisamos para orientar os estudios ou a formación necesaria para desenrolar unha vida laboral e social axeitadas ás necesidades desta etapa.

SE A XUVENTIDE NON LOITA POR UNS IDEAIS, É MOI PROBABLE QUE O FUTURO SEXA TRISTE.

Para que loite, temos que darlle alicientes.

E cando chegamos á idade adulta, as responsabilidades multiplícanse e necesitamos un reforzo de alicientes para saber encaixar as novas realidades que se van presentando por lei natural.
"Recargando pilas" no día a día, vanse vendo os logros que nos seguen estimulando para seguir con bo ánimo a traxectoria vital que nos prepara para a idade sénior.

Chegado este momento encontrámonos con novos desafíos que lograr.
Toca disfrutar de todo o que a vida nos presente aproveitando ó máximo tódolos tantos, vivindo intensamente o momento presente sabendo que sempre hai motivos para ser felices.

Hai que facer novos plans de vida adaptados ás posibilidades.
Moitas cousas que se fixeron no pasado, xa on se poden facer; pero...
Mentres hai vida, hai esperanza.
E se botamos a vista cara atrás veremos os moitos obstáculos que superamos, o que aproveitamos as oportunidades, os logros acadados...
Todo eso ten que serivr para sentímonos saisfeitos, felices e ESTIMULADOS, mentres non chegamos á meta.
Sexa cal sexa a nosa maneira de chegar á meta, debemos ver sempre o lado positivo da vida.
Sempre hai moito que agradecer.

AGRADECENDO SENTÍMONOS MÁIS FELICES E Ó MESMO TEMPO IRRADIAMOS FELICIDADE ÓS DEMAIS.

A vida non é perfecta; pero trátase de disfrutala e vivila da mellor maneira posible.

O que teña remedio hai que poñerllo e o que non... hai que aceptalo.
Aceptar con paz e serenidade porque:

"O QUE TEÑA QUE SER, SERÁ"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES