Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rituais ancestrais do Entroido (7)

miércoles, 29 de junio de 2022
Achegas históricas á corrida do Galo en Galicia e nos Concellos Chairegos de Castro de Rei e Cospeito.

Algunhas interpretacións simbólicas sobre o galo

A poboación grega considera aínda hoxe que o seu canto axuda a afastar os demos da noite. Tamén, na antiga India vinculouse a este animal co sol e o lume pola súa relación co alba; isto deu lugar a que lle fixeran sacrificios a Savitr (o sol) e a Agui (o lume). Así mesmo, o galo como ave da fecundidade exerce un rol relevante nos ritos matrimoniais dalgunhas culturas; así, no Talmud dícese que no día da boda poñíase un galo e unha galiña na presencia dos futuros cónxuxes como símbolo da fecundidade (1). Así mesmo, Van Gennep descartou que se tratase dun ritual de sacrificio de deuses, reis ou símbolos da vexetación á chegada da primavera, como sinalaba Frazer e os seus seguidores (2). Pola contra, Caro Baroja, apoia a Frazer aludindo que o galo era un dos animais que nunha ampla zona de Europa simbolizaba un espirito maligno, que se ocultaba nas colleitas; polo tanto, cómpría combatilo simbólicamente para protexer as colleitas e asegurar unha boa productividade da mesma. En suma, trátase dun ritual ligado a fertilidad (3). No obstante, na actualidade hai pensadores que manifestan que "o ritual do galo" no Entroido tiña un componente sexual relevante, xa que esta ave é un dos animais máis simbólicos do Entroido en canto á carnalidade e luxuria. Entre outros, podemos citar aos etnógrafos Federico Cocho, Xosé M. González Reboredo, Xosé R. Mariño Ferro, Clodio González...

"O galo é un símbolo da luxuria exacerbada, do exceso carnal, e dun desmesurado apetito sexual" (4). "Tamén, Cobarrubias, no século XVII, destacou que o galo é símbolo da lascivia, do apetito carnal, polo que o seu sacrificio en pleno Entroido, época de excesos, non é máis ca unha condena ritual da libertinaxe carnavalesca e tamén de castigo ó animal símbolo do varón adulto dominante nas sociedades tradicionais" (5) .

NOTAS:
1. ALONSO DE MARTÍN, J. Salvador.: La corrida del gallo en Mecerreyes (Burgos), en www. cervantesvirtual.com.
2. COCHO, Federico.: Ob. cit., páx. 205.
3. CARO BAROJA, Julio.: Los pueblos de España. Vol. II. Madrid: Istmo, 1981.
4. COCHO, Federico.: Ob. cit., páx. 205.
5. GONZÁLEZ REBOREDO.: Guía de festas populares de Galicia, Vigo: Galaxia, 1997.


BIBLIOGRAFÍA:
ALONSO DE MARTÍN, J. Salvador.: La corrida del gallo en Mecerreyes (Burgos), en www. cervantesvirtual.com.
BLANCO PRADO, J.M. e GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: "O Entroido na Ribeira Sacra e en Salcedo. O volante, o peliqueiro e o oso", Tempos de Festa. T.I. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2006, páxs.127-137.
BLANCO PRADO, J.M.: "O Entroido na Diocese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na Ribeira de Chantada", Lucensia, nº 39, Lugo, 2009, páxs. 363-370.
BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carme.: Achegas históricas ao Antroido de Val de Francos (Castro de Rei) no século XXI, en Croa (Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga) nº 19 ,2009.
BLANCO PRADO, J.M.: "O Entroido na Diocese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na freguesía del Salcedo", Lucensia, nº 40, Lugo, 2010, páxs. 163-172.
BLANCO PRADO, J.M e PERNAS BERMÚDEZ, Carme: "O Entroido Ribeirao. Santiago de Arriba, Chantada (Lugo)", Croa, nº 22, 2012, páxs. 78-105.
BOUZA BREY, F.: "Teatro de Carnaval en Galicia", en Etnografría y folklore de Galicia (2), Vigo, Xerais, páxs. 203-209.
BRAVOS LÓPEZ, Marisol (Coodinadora). Equipo de Normalización Lingüística. C.P. Veleiro do Campo (Castro de Ribeiras de Lea). Cursos 95/96 e 96/97. Anacos da nosa cultura. Refráns, adiviñas, lendas... Celebracións, oficios... Aparellos. Lugo: Publicacións Citania, 2000, páx.137.
CARO BAROJA, Julio.: Los pueblos de España. Vol. II. Madrid: Istmo, 1981.
CARO BAROJA, Julio.: El Carnaval. Análisis histórico-cultural. Madrid: Taurus, 1984, páxs.84-90.
COCHO, Federico.: O Carnaval en Galicia, Vigo: Ed. Xerais, 1990.
CHAO REGO, Xosé.: "O Entroido é unha entrada", en Máis de media ducia de escritores chairegos e o Antroido. (Coord. Xosé Mansuel Carballo Ferreiro) páxs. 30-31.
FRAGUAS FRAGUAS, Antonio.: Do Entroido. Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego. Colección Alicerces, nº 6, páx.9
G. AMARELLE, Raquel.: Galicia en Entroido, Santiago de Compostela: Consellería de In COCHO, Federico.: O Carnaval en Galicia, Vigo: Ed. Xerais, 1990, páx. 198.
GONZÁLEZ MONTAÑES, J.: "Teatro de Carnaval". En www.xente.mundo-r.com /juliomonta/carnaval.htm.
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio.: As festas cíclicas do ano, Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego. Manuais, nº 2, 1991, páx.58.00.994, páx. 9.
GONZÁLEZ REBOREDO.: Guía de festas populares de Galicia, Vigo: Galaxia, 1997.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: "Teatralidade e Teatro no Entroido de Galiza", en o Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos. Actas do Congreso, primavera-outono, 2009, Lugo: Lugo Patrimonio, Deputación Provincial de Lugo. "Parroquia lucense de Duarría, que forma parte do municipio lucense de Castro de Rei", páx. 114.
GONZÁLEZ, Javier.: Comedias para un pobo, seis pezas de teatro, Lugo: Deputación de Lugo. Vicepresidencia primeira. Colectivo Beladona,2014, páxs.57 e 73.
MARIÑO FERRO, X.R.: Antropoloxia de Galicia, Vigo: Ed. Xerais, 2000, páxs. 467-471.
MARIÑO FERRO, X.R.: O Entroido ou os Praceres da carne: Sata (A Coruña). Ed. do Castro. Cadernos do Seminario de Sargadelos, 84, 2003, páx. 144.
RISCO, Vicente.: Historia de Galicia, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Etnografía. Cultura Espiritual. Madrid: Akal, páx. 611.
ROMERO MASIÁ, A. / POSE MESURA, X.M.: "Unha manifestación do Entroido en Barizo. O xogo das vacas", en Boletin Auriense, tomo XX-XXI, Ourense, 1990-91, páxs. 397 e ss.
RUBIEIRO DA PENA, Ana María; PÉREZ PÉREZ, Carolina; ABELLEIRA VEGA, Gloria.: "Proyecto de Recuperación da Tradición Oral na Contorna de Viladonga (2). Concello de Castro de Rei", en CROA (Boletín da Asociación de amigos do Castro de Viladonga). Nº 26, 2016, Castro de Rei (Lugo).
SANTAMARIÑA, Fidalgo.: "IV. Cara a unha busca do sentido do Carnaval ourensán", en As Caras do Entroido Ourensán. Deputación de Ourense. Fundación Caixa Galicia, 2009.
SIXIREI PAREDES, Carlos.: San Cristobo de Xavestre. Chequeo a unha comunidade rural, Sada (A Coruña): Ed. do Castro, 1982.novación e Industria. Xunta de Galicia, 2006, páx. 100
SUAREZ PIÑEIRO, Ana.: As festas rituais de Galicia, Santiago de Compostela: Ed. Lóstrego, 20 BENITO RIESCO, Orlando.: "A propósito de un ritual. 'Correr el gallo', un rito de iniciación", en Gazeta de Antropología, nº 22, 2006.
TENORIO, Nicolás.: La aldea gallega, Vigo: Xerais, 1982, páx. 170.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES