Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Condenar o franquismo

miércoles, 15 de octubre de 2008
A política é un xogo de xadrez. O que ocorre é que en lugar de utilizar fichas, son persoas as que se moven, falan, gañan ou perden, gozan ou sofren.

Condenar o franquismo é moi doado a estas alturas do calendario nas que están a piques de cumprirse trinta e tres anos do pasamento do Xeneral. Por eso é perfectamente lóxico que se conseguise unanimidade no Parlamento de Galicia para condenar a filosofía do franquismo, un rexime baseado na razón da forza orixinado nunha rebelión militar que por non resultar claramente vencedora dexenerou nunha guerra civil na que a lenda quixo que houbese un millón de mortos.

Núñez Feijoo non fixo máis que deixarse ir nun tema para el tan lonxano que seguro non encaixa no seu xeito de comprender o mundo. O mesmo que para a inmensa maioría da xente do seu partido que ande arredor do medio século de idade.

Pero en Madrid o tema causa problemas por entender que vai haber que andar polo camiño marcado por Feijoo cando debía ser o primeiro dirixente nacional o que marcase o rumbo, e hai quen dixo que o político galego se vira forzado polos grupos do bipartito a votar no sentido que o fixo.

O fundador do Partido, o expresidente Fraga, matizou o tema indicando que o partido non pode verse forzado a nada. E non dixo máis, que el foi Ministro no franquismo, debendo recordarse que foi Ministro aperturista, con numerosos problemas por esa apertura, que a el se debeu unha ben sonada Lei de Prensa, e que tampouco o franquismo dos anos setenta tiña moito que ver co das décadas anteriores a pesar do mal de orixe.

En fin, que todos renegamos do franquismo aínda que forme parte irrenunciable do aire que moitos respiramos coidando entón vivir nun rexime do máis normal. Trinta e tres anos despois renegamos del.

Esto parécese a ese dito de moitos nostálxicos de avanzada idade que quixeran volver á mocidade pero “co sabido, sabido”. As condenas de agora son como un intento de corrixir o pasado, sabendo o sabido, tendo andado o que como colectividade levamos andado. Pero o tempo, polo agora, non ten marcha atrás.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES