Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Yunque ou a vangarda dos anos 30 en Lugo (III)

martes, 14 de octubre de 2008
“Yunque no es órgano de ningún partido. Ha nacido con el exclusivo designio de defender la República, posibilitar la autonomía de Galicia, luchar contra el caciquismo”. Na súa primeira etapa a revista non amosa máis ilustracións que as de Ángel Johan para a portada nin máis presenza literaria que prosas líricas tinguidas tamén de impresións políticas na pluma de Luís Pimentel e Álvaro Cunqueiro. É un verdadeiro instrumento de vangarda política, mentres que na segunda etapa se transforma en xornal de vangarda cultural. Os tres números de Yunque pertencentes a 1932 son os únicos coñecidos, estudados e parcial ou totalmente reproducidos ata esta edición facsímil á que aquí nos referimos, conseguida tamén grazas ao apoio do Centro Ramón Piñeiro.

Só o cuarto mantén a cabeceira dos anteriores, deseñada por A. Johan, pero incorporando ademais unha obra de Luís Seoane. Convén apuntar que nos últimos dous números desaparece o subtítulo de ‘vangarda política’ e abundan as ilustracións de coñecidos artistas galegos como Arcadio Romero Boelle. Como colaboradores da revista na última entrega súmanse Manuel Colmeiro, Carlos Maside e a arxentina Norah Borges. Aumentan as achegas literarias, con traballos poéticos de Ánxel Fole, Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Pimentel, etc... Aparecen tamén versos de Federico García Lorca tras o seu paso por Lugo, no seu “Madrigal a la ciudad de Santiago”.

A reflexión social e política é agora minoritaria, por parte de Luís Manteiga, Francisco Lamas e Ramón Piñeiro, asinando este último como Luís de Veiga. Non debemos olvidar que se unen unha diversidade de xéneros, de linguas e de países nesta revista lucense, desde os seus comezos con clara vontade de abrirse ao mundo.

A liña ideolóxica da última etapa de Yunque foi claramente revolucionaria e ‘filomarxista’, como se declara na introdución a esta edición. Elvira Melián califica Yunque como a primeira publicación decididamente esquerdista de Lugo, compañeira de revistas como Galiza, Resol, Papel de Color, Vanguardia Gallega, La Voz de la Verdad, Horizonte, etc... Durante moitos anos o número catro foi considerado o inicial, cun formato superior e un deseño diferente, pero un artigo co título de “re-presentación” levou a pensar os estudosos que este supoñía o inicio dunha segunda etapa. Yunque foi un xornal de vangarda política durante 1931, pero logo convertiuse nun xornal de vangarda cultural, resultando ser, en definitiva, una revista de ‘vangarda integral’, sen renunciar nunca á súa orixe, Lugo.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES