Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos somos importantes

jueves, 16 de junio de 2022
A primeira vista parécenos que importantes son as persoas famosas, as persoas cun elevado nivel económico, as persoas cun nivel importante de coñecementos científicos, as persoas que ocupan postos de moita relevancia social, etc...

Certamente que esas persoas son importantes. son moi importantes; pero nin máis nin menos importantes que:

-As que non alcanzan nin alcanzarán a fama nunca; pero que loitan no día a día sen descanso.

-As que na súa vida terán un nivel económico alto aínda que traballen noite e día.

-As que teñen pouca instrucción porque non tiveron oportunidades para adquirir máis, por diferentes razóns, todas elas xustificadas.
Se son persoas de ben, xa non hai queixa.

-As que ocupan os postos máis humildes: coidadores/as, varrendeiros/as, mariscadores/as...
¡Qué importantes son os que coidan amorosamente persoas encamadas ás que lles hai que facer todo!

¡Que importante é o labor do personal que recolle o lixo tódalas noites mentres outros durmimos!

¡Qué importante é o labor de tantas e tantas persoas que arriscan as súa vidas por cumplir unha misión! (Véxanse profesións de risco)


Porque:
¿De que vivirían as persoas famosas se non tiveran fans que recoñeceran a súa fama sexan estes do nivel social que sexan?

¿De que vivirían os ricos se non houbera pobres?
¿Comerían os cartos?
¿Non é tan importante o labor dos labregos, gandeiros, pescadores...?

¿De que vivirían os científicos se as súas investigacións non tiveran aplicación na sociedade?

¿Qué farían os gobernantes sen ter a quen gobernar?

TODOS SOMOS IMPORTANTES.

Outra cousa ben diferente é o grao de especialización ou dedicación que esixa cada posto de traballo que leva consigo a súa responsabilidade.

Con todo:
O que máis importa é ser boa persoa e desempeñar con esmero a función que cadaquén ten encomedada nos diferentes campos da vida laboral e social.

HAI MOITÍSIMAS PERSOAS QUE SE ENTREGAN EN CORPO E ALMA Á MISIÓN QUE TEÑEN ENCOMENDADA.
Grazas a elas o mundo progresa o que progresa; aínda que todo é mellorable.

Por eso precisamos revisar os nosos actos, enmendar aqueles nos que erramos e comezar de novo.

Comezar de novo con moitas ganas de seguir adiante porque o futuro estanos esperando para o noso crecemento persoal.

O NOSO CRECEMENTO PERSOAL É MOI IMPORTANTE E GRATIFICANTE.
O crecemento persoal lánzanos con entusiasmo á aventura da vida.
Ese crecemento vaise preparando desde o nacemento e dura toda a vida.
Por eso é tan importante mentalizar ás criaturiñas para que se preparen para ser persoas de proveito para o día de mañá.
Esta é unha tarefa moi importante que lle corresponde principalmente á familia; porque na familia aprendemos os principios básicos que rexirán toda a nosa vida.

As institucións educativas, os poderes públicos e "o mundo" tamén teñen moita influencia nas nosas vidas; pero se falla a familia, falla a base.
Por eso é tan importante o labor da familia.
Moi dignas de admiración son as familias que fan as cousas ben feitas
Porque as cousas ben feitas, din ben de quen as fai.

"AS COUSAS BEN FEITAS"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e polo importante que é para o engranaxe social no que vivimos.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES