Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre comunicacións

lunes, 13 de junio de 2022
Sobre comunicacins As comunicacións en España son como son, pero en Galicia... Galicia é un mundo á parte, é o cu do mundo, como xa teño denunciado varias veces. Pilles por onde pilles as noticias, van de mal en peor. Semellou que rebentaba o mundo cando, por fin, chegou o AVE a Galicia, pero resulta que, no momento da verdade, en moitos cachos non hai conexión á Internet. Hoxe en día, ou sexa, tal como está xa a sociedade. Despois, claro, cando foi o da pandemia, recomendouse e solicitouse que se traballase desde os fogares, polo que, desde moitas aldeas deixadas da man de Deus, quedou a solución de, ó solicitar unha cita médica, por exemplo, usar o corno dunha vaca como antena para a correspondente cobertura. E en parladoiros, estudos, reunións, xuntanzas, entrevistas non se falou nin se fala doutra cousa: o impulso do rural, a volta ó rural, a loita contra a España baleira. Pero, primeiro, suprimimos autobuses, que seica non compensan.

As comunicacións a Galicia por medio das autovías... tarde, mal e nunca. Tarde, xa sabemos o tarde que chegaron. Mal... mal non, peor. Un cacho dun viaduto da A-6 dixo basta e deuse de baixa, é dicir, que baixou ós infernos da ineptitude duns construtores, enxeñeiros, supervisores e demais camándula que pululan á beira das grandes obras, escapándolle da firmeza e calidade para, así, aforrar cartos que si irán parar ós seus petos. Pero se xa o dicía o outro día o Carrabouxo: coa cantidade de pontes romanas que hai en Galicia e non caeron nunca, é dicir, de máis de dous mil anos. E derrubouse unha da A-6 que seica só tiña 25 anos.

Sobre comunicaciónsE xa para redondear a cousa, ese tramo foi o máis caro de España. Aí queda iso! Non obstante, as autoridades competentes (é un dicir) xa están estudando a fondo o motivo, a causa de tal derrubamento; ou sexa, para botarlle a culpa ó formigón ou ó ferro, aínda que, ó final, a culpa será do cha-cha-chá. A ladaíña de sempre.

Non quero saír de Galicia. Segundo unha comunicación (oral ou escrita), o rei Emérito, en principio, non pode vir a Sanxenxo. Isto si que é unha desgraza, moito peor que a falta da Internet no medio rural e o derrubo do viaduto, que grazas a Deus, non foi mortal; unha auténtica desgraza para os de Sanxenxo. Xa lanzaran as campás ó voo e agora... agora estarán a velas vir. Pobres.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES